PROVINCIA
Este venres celébrase a VII Dala do Deporte Feminino Galego en Vilagarcía
Preto dunha vintena de mulleres deportistas e entidades vinculadas a este ámbito serán galardoadas no evento que organizan e impulsan a Deputación de Pontevedra e Mudegá
O Auditorio Municipal de Vilagarcía vestirase de gala este venres para acoller o acto de entrega dos VII Premios do Deporte Feminino Galego, correspondentes ao ano 2018, no que preto dunha vintena de mulleres deportistas e entidades vinculadas a este ámbito serán galardoadas. A gala, que comezará ás 20:00 horas e a que asistirá a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, está organizada pola institución provincial e impulsada pola asociación de Mulleres Deportistas Galegas (Mudegá) co obxectivo dedarlle máis visibilidade aos éxitos que colleita o deporte feminino para que sexan recoñecidos pola sociedade.
Ata quince categorías premiarán distintos aspectos deportivos. O primeiro recoñece a Ana Peleteiro como “Mellor deportista feminina”. A atleta ribeirense deu o salto a nivel internacional no 2018 logrando a medalla de bronce no Mundial de Pista Cuberta de Birmingham e o bronce no Europeo ao aire libre de Berlín. O premio a “Mellor deportista feminina promesa” entregarase ás xogadoras de fútbol Tere Abilleira e Malena Mieres que foron campioas de Europa sub 19. O “Premio á traxectoria” irá para Nieves Gamallo, todo un referente do balonmán feminino galego, no que foi xogadora, adestradora, delegada e fundadora dun club. Na categoría de “Mellor deportista feminina con diversidade funcional” a galardoada é Susana Rodíguez Gacio tras coroarse como campioa do Mundo de paratríatlon en Gold Coast e subcampioa de Europa.
O premiado como “Mellor equipo feminino” é o Atlético Guardés despois de que acadasen o título da Liga na máxima categoría do balonmán feminino español en 2017 e, ao ano seguinte, quedou como segundo clasificado. Mentres, o galardón a “Mellor club” recollerao o Cidade de Lugo Fluvial polos seus éxitos acadados no 2018: Campioas da Liga Nacional de Clubs de Tríatlon, campioas de España de Dúatlon por clubs, campioas da Copa do Rei de tríatlon e sextas no Campionato de Europa de Tríatlon por clubs.
A Deputación será premiada como “Institución pública amiga do deporte feminino” pola súa promoción da igualdade en todas as disciplinas deportivas
A galardoada como “Mellor adestradora do deporte feminino” é Carla Abad, técnica de Balonmán Cañiza e seleccionadora galega infantil feminina, coa que acadou a medalla de bronce no campionato de España 2018. Zulema González, galega de Terceira División e árbitra da primeira categoría de fútbol feminino, convértese na “Mellor árbitra”. Tamén a directiva do Burela F.D. terá o recoñecemento de “Mellor directiva” por facer historia ao asinar o primeiro convenio colectivo de fútbol sala feminino. Ademais, o premio a “Medio de comunicación amigo do deporte feminino” é dobre, ao concederse ao Faro de Vigo e ao Diario de Pontevedra.
O premio para a “Entidade privada máis colaboradora co deporte feminino” é para Rodosa, unha empresa que patrocina tanto a deportistas como a clubs femininos e eventos deportivos. O de “Institución pública amiga do deporte feminino” foi para a Deputación de Pontevedra, pola promoción do igualdade no deporte. En “Mellor iniciativa a prol do deporte feminino” o premio recaeu na Escola de Fútbol Feminino Rosalía (Ourense), fundada en 2018 para dar saída a todas esas nenas que queren xogar ao fútbol e non atopaban acomodo noutros clubs.
No transcurso da gala, tamén se entregará unha mención especial á esgrimista Judith Rodríguez, que o pasado ano, volvendo da disputa dun campionato, sufriu un grave accidente de tráfico, do que se está a recuperar. Ademais, a título póstumo, o deporte feminino galego homenaxeará a Manuel González Soto, ex presidente do Chapela de balonmán, pola súa aposta polo balonmán feminino, e a Micalea Sinde, que levou a bandeira galega ata o Polo Norte e apostou polo deporte na loita contra a enfermidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11