Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 09:43:19 horas

Xornal21.es
Sábado, 04 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O Campionato Provincial I Escolar de Taekwondo reune a 300 deportistas en Ponteareas

O espectáculo do taekwondo chega este domingo día 5 aos pavillóns do Complexo Álvaro Pino que acolle o Campionato Provincial Escolar de Taekwondo.


350 deportistas e 29 árbitros achegaránse a Ponteareas para combater neste campionato clasificatorio para o autonómico que será a plataforma de lanzamento para o campionato de España.


Organizado por Loren Escola de Artes Marciais (LEAM) en colaboración coa concellería de Deportes do concello de Ponteareas, coa Federación Galega, coa Deputación de Pontevedra e coa Xunta de Galicia, este campionato brinda ao alumnado a oportunidade de amosar a súa técnica e as súas habilidades tanto na modalidade de exhibición, que terá lugar de 09:00 h a 10:30h da mañá, como na modalidade olímpica de combate, de 11:00h a 14:00h da tarde.


Os organizadores convidan a toda a cidadanía a animar aos e ás deportistas e a practicar este deporte, apto para tódalas idades a partir dos catro anos Disciplina e constancia son as máximas deste completo deporte que se pode practicar de xeito individual e colectivo.


Este campionato escolar de taekwondo desputarase nas categorías de alevín, infantil e cadete.


A escola LEAM de taekwondo está ubicada na rúa Camelias nº 12 e todos os e as interesadas poden obter máis información sobre a escola e os cursos no número de teléfono 665 858 420 ou no enderezo electrónico loren.taekwondo@gmail.com

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.