Martes, 03 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 03 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Os propietarios de San Rafael normalizan a situación das súas fincas

Trátase do paso previo á inscrición no Rexistro da Propiedade

Imaxes de arquivo dunha reunión na A.V.V. de San Rafael de Pereiras.Imaxes de arquivo dunha reunión na A.V.V. de San Rafael de Pereiras.

O Concello de Mos atópase tramitando o expediente para a normalización de fincas en solo urbán consolidado na urbanización de San Rafael, parroquia de Pereiras. Para elo ven de aprobar inicialmente o pertinente proxecto de normalización que agora sométese a información pública e estase notificando aos propietarios interesados.


Este procedemento permite adaptar a configuración física das parcelas que forman parte deste solo en beneficio dos veciños habitantes da urbanización.


Pasado o prazo de notificación e exposición pública procederase á aprobación definitiva para, a continuación, realizar as inscricións pertinentes das fincas no Rexistro da Propiedade.


Deste xeito os propietarios de parcelas nesta zona poderán escriturar ó seu nome os metros de terreo que tiñan pendentes, isto é, o resto da superficie dos terreos dos veciños que non constaba nos seus títulos de propiedade.
Ditas parcelas suman máis de 9.000 metros cadrados que serán repartidos entre os veciños e veciñas da urbanización.


Con este proxecto os veciños de San Rafael poden regularizar os metros dos seus terreos dos que xa disfrutan pero que aínda non teñen escriturados como propios. Os metros a maiores que se escriturarán a nome dos habitantes de San Rafael son anexos ás suas propias vivendas. Na urbanización de San Rafael existen un total de 88 vivendas. Dita superficie entregarase a favor destes particulares que constarán no Rexistro da Propiedade como propietarios dos devanditos terreos.


Antecedentes
No seu día o IGVS vendeu os terreos da urbanización de San Rafael ós veciños da mesma, traspasando pola súa banda a superficie correspondente a viais e zonas verdes e comúns ó Concello de Mos. O traspaso de metros cadrados á administración local foi calculado de xeito que se lle cedeu máis superficie da ocupada por vías e áreas comúns, por iso o Concello iniciou o procedemento para regularizar a inscrición deses terreos sobrantes a nome dos veciños propietarios de vivendas en San Rafael.


Rematado este procedemento quedará regularizada a situación xeral dos propietarios do barrio de San Rafael, na parroquia mosense de Pereiras. Este procedemento foi necesario para que os veciños de San Rafael puideran normalizar a súa situación patrimonial no que se refire ás súas respectivas propiedades ou vivendas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.