Martes, 03 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 02 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Mos contará cun punto de encontro familiar na vindeira lexislatura

Arévalo compometeuse a ampliacións o servizo do Centro de Información da Muller na próxima lexislatura

Acompañada pola secretaria xeral de Igualdade, a candidate á alcaldía de Mos adiantou tamén a creación

A candidata á alcaldía de Mos polo Partido Popular, Nidia Arévalo, presentou hoxe na asociación de veciños Chan do Bosque, en Sanguiñeda, o seu programa electoral centrado na muller. Acompañada de Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade, Nidia Arévalo anunciou que ampliará o servizo de atención do Centro de Información da Muller (CIM) no que na actualidade traballan unha psicóloga e unha abogada. A ampliación do horario no centro é unha necesidade dada a cantidade de solicitudes atendidas desde que se abrira, hai menos de dous anos, e no que foron atendidas por parte dos profesionais do CIM, 150 mulleres mosenses. Arévalo tamén adiantou no acto de hoxe a creación dun punto de encontro familiar para as nenas e nenos de Mos de pais separados.


No programa electoral da candidata ás eleccións municipais tamén hai sitio para as políticas de conciliación, con programas enfocados desde todos os ámbitos, como xa vén facendo o goberno de Arévalo ao longo de toda a anterior lexislatura. Durante os últimos catro anos, Mos inaugurou dúas novas escolas infantís na contorna do polígono de Veigadaña, unha delas, unha Galiña Azul, recentemente recoñecida co premio do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, e a de Trastes, impulsada pola Asociación de Empresarios de Mos (Aemos). Ademais, nas etapas educativas non universatarias, o goberno de Nidia Arévalo subvencionou o servizo de comedor e o de actividades extraescolares, puxo en marcha campamentos infantís en periodos vacacionais para facilitar a conciliación con pais e nais traballadoras e o programa Ocio en Familia, que disfrutaron 12.000 persoas en toda a pasada lexistatura.


Arévalo afirmou que promoverá a igualdade de xénero no seu concello fomentando a mellora nos contratos de traballo e nas medidas de conciliación, tano nas empresas mosenses como na propia administración. Tamén impulsará programas cara a conciliación persoal e familiar promovendo a participación equilibrada de nenos en nenas nos traballos domésticos e de coidados. En canto á violencia de xénero, Arévalo comprométese a seguir promovendo nos vindeiros catro anos a Mesa contra a violencia de xénero, e fomentando accións para erradicala. No eido da prevención a candidata inclúe no seu programa electoral, liñas de prevención ante as agresións sexuais e elaborar programas de prevención ante o acoso sexual nas redes sociais.


No ámbito educativo, Arévalo considera que é crucial traballar para promover a igualdade de xénero e o seu futuro goberno comprometerase neste sentido así como elaborando programas educativos dirixidos a escolares para a non violencia de xénero. No caso das mulleres que sofren unha exclusión adicional, ademais da de xénero, a actual alcaldesa anunciou accións como liñas de axudas a mulleres en risco de exclusión social, incorporar a perspectiva da discapacidade a todas as políticas e estratexias en materia de igualdade, e establecendo medidas a favor da plena inclusión das mulleres con discapacidade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.