Mos
Arévalo incorporará tres novas caras entre os nove primeiros postos da candidatura popular
Segue apostando polo seu equipo de goberno nos postos de saída para ás eleccións de maio
A candidata á alcaldía de Mos polo Partido Popular, Nidia Arévalo, preséntase ás eleccións municipais cunha candidatura na que aposta polo traballo desenvolto neste catro anos polo seu actual equipo de goberno. Se o lema de Arévalo na precampaña baséase nos feitos desta lexislatura e a defensa de “Mos por riba de todo” na súa xestión, esta é a liña que aplica ao seu equipo colocando nos postos de saída aos actuais concelleiros. Nestes postos hai espazo tamén para a renovación, coa incorporación de tres nomes (Leopoldo Costas, Begoña Toucedo e Gonzalo Alonso) que combinan xuventude e experiencia. Segundo Arévalo, “trátase dunha lista feita para defender os futuros intereses de Mos e pensado nas necesidades de cada unha das parroquias xa que todas están representadas. A mellora de Mos nos últimos catro anos é consecuencia directa do traballo ben feito do equipo que me acompañou durante esta lexislatura”.
O equipo, que será presentado nun acto que se celebrará mañá ás 20.00 horas na praza do Pazo de Mos, conta con 27 mosenses (17 titulares e 10 suplentes). Nos titulares da candidatura hai espazo para seis caras novas e a lista de suplentes preséntase renovada na súa totalidade (só repite un) con moitos xóvenes (5 deles teñen menos de 21 anos), todo con respecto ao equipo que lle acompañou nas eleccións de 2015. “Unha mistura perfecta de experiencia e xuventude, cercana e ao servizo dos veciños de Mos e na que todos mantemos a mesma forza e ilusión do primeiro día. É un equipo de Mos para Mos”, comentou a cabeza de lista.
Como número dous, Arévalo aposta por Camilo Augusto Martínez, presidente do comité local dos populares mosenses e actual concelleiro, ao que lle segue Sara Cebreiro Alonso, de Dornelas, Alberto Méndez Lago, de Torroso. De número 5, incorpórase Leopoldo Costas, ex presidente de novas Xeracións de Mos, e veciño da parroquia de Pereiras. Segundo Arévalo, “Leo é un mosense loitador que coñezo ben. Leva ao meu carón dez anos traballando por este municipio. Ten moitísimo que aportar”.
De número seis sitúase outra das súas concelleiras, Julia Loureiro Campo, de Guizán, á que lle segue outra nova incorporación que aposta pola xuventude. Trátase de Begoña Toucedo Rodríguez, veciña de Sanguiñeda, de 25 anos, traballadora da automoción e “moi deportista e con gañas de traballar por Mos”, destaca dela a candidata á alcaldía.
De número oito está Gonzalo Alonso Táboas, “veciño incansable que leva toda a vida loitando por Cela, a súa parroquia”, subliña Arévalo. De nove, segue Baldomero Lorenzo García, de Louredo, outro concelleiro do equipo actual de goberno de Mos; de dez, José Areal Giráldez, de Petelos; de once, Óscar Soto Abadín, de Tameiga; de 12, Camilo Grandal Pérez; de Torroso; de 13, Pedro Loureiro Rodríguez, de Torroso; de 14, Lara das Dores González, de Pereiras; de 15, María Lourdes Castro Pérez, de Louredo; de 16, Isidoro José Táboas Moldes, de Sanguiñeda, e de 17, Lucía Blanco Campo, actual presidenta das Novas Xeracións de Mos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217