Provincia
Regades destaca o “resultado histórico” colleitado na provincia
O secretario xeral provincial presidiu a reunión da Comisión Executiva Provincial para valorar os resultados do pasado 28A
David Regades mostrouse satisfeito polos resultados colleitados o pasado 28 de abril, cando o PSdeG-PSOE conseguiu ser primeira forza tanto en votos como en número de escanos na provincia de Pontevedra por primeira vez.
“É un resultado históricos”, sinalou o secretario xeral provincial, engadindo que se trata “da consolidación e o recoñecemento ao traballo impulsado desde dous eixos: por un lado, a acción de goberno levada a cabo desde o Executivo de Pedro Sánchez tras o triunfo da moción de censura da dignidade; polo outro, o crecemento e fortaleza do partido a nivel municipal”.
Regades sostén que este resultado e a gran mobilización vivida na xornada electoral é unha resposta “a campaña de violencia verbal” da dereita. “A xente dixo nas urnas que así non, que ese non era o camiño”, apostilou o máximo dirixente provincial.
As e os socialistas de Pontevedra conseguiron alzarse con 184.622 votos, o 32,29% do total nas eleccións ao Congreso dos Deputados, o que lle permitiu situarse como primeira forza en número de escanos, con tres. O PP, pola súa banda, baixou ata as 2 deputadas e deputados.
No Senado, o resultado é de novo histórico, conseguindo por primeira vez o máximo de escanos por candidatura, tres: Modesto Pose conseguiu 176.522 votos (32,15 %), Marica Adrio 171.234 (31,19 %) e Daniel Chenlo 161.221 (29,36 %).
“Avantaxamos ao ao Partido Popular en 7,29 puntos e 41.681 votos”, expuxo Regades, que tamén lembrou que “o 35,17% dos votos socialistas en Galicia proveñen da nosa provincia”. En total, o Partido Socialista conseguiu en toda Galicia un 32,13% do voto, situándose Pontevedra 0,16 puntos por riba.
O máximo dirixente provincial sinalou que este resultado “reforza” ao partido para encarar as próximas eleccións municipais. “En maio as nosas candidatas e candidatos conseguirán uns resultados magníficos”, anunciou Regades tras expoñer que o crecemento en votos nas xerais chegou a todos os concellos da provincia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11