Ponteareas
Garrote presenta “un proxecto de cidade para Ponteareas”
A candidata socialista á alcaldía de Ponteareas, Chus Garrote, posicionou a súa candidatura como "a única capaz de converter a Ponteareas nunha cidade de futuro e oportunidades para os veciños e veciñas da vila do Corpus".
Ante os máis de cen veciños e veciñas que asistiron a cea de presentación da lista socialista, Garrote afirmou contar cunha candidatura formada, con experiencia de goberno pero tamén comprometida coa veciñanza. “A experiencia e a formación é importante pero aínda o é máis contar cunha lista que coñeza a realidade de Ponteareas e os problemas dos veciños e veciñas” sinalou Garrote.
Chus Garrote, quen valorou positivamente a súa xestión á fronte do goberno, sinalou que o Partido Socialista é o único partido capaz de consolidar o cambio iniciado hai catro anos.
Por outra banda, a socialista sinalou o seu programa de goberno como unha garantía de progreso e futuro. “Somos o partido que conseguiu cinco millóns de euros para un proxecto de cidade. Este é só comezo” adiantou Garrote.
A candidata socialista anunciou que ampliará o plan de humanizacións e reurbanizacións sostibles da vila do tea e que o extenderá ás parroquias en canto tome posesión como alcaldesa. “O meu proxecto de cidade ten en conta ás parroquias, todos os veciños e veciñas merecen unha cidade amable e da que desfrutar”.
Dito plan xa foi iniciado desde a concellería de urbanismo que actualmente dirixe Garrote e advirte que só o Partido Socialista é garantía para que Ponteareas sexa unha cidade de oportunidades, fronte a un Partido Popular e un ACIP “nostálxicos dun pasado caduco”.
Trala vitoria do PSOE nas eleccións xerais en Ponteareas, Chus Garrote, anunciou que a circunvalación e as obras de seguridade na N-120 serán unha prioridade do novo goberno de Pedro Sánchez e agradeceu aos veciños e veciñas o súa confianza. “O PSOE é un partido que ilusiona e non defrauda. Cun goberno socialista en Madrid e cun goberno socialista na alcaldía, Ponteareas irá sempre cara adiante” manifestou a candidata.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163