Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 16:48:44 horas

Xornal21.es
Miércoles, 08 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Éxito na estrea de composicións de "O Marreco", arranxadas por Pedro Lamas

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo selou con éxito a XXV edición do seu Festival de Bandas de Música

A Banda de Música Xuvenil de Xinzo selou con éxito a XXV edición do seu Festival de Bandas de Música, que tivo lugar baixo unha gran carpa no torreiro da parroquia ponteareá.

 

Este ano, no que se contou coa colaboración da Agrupación Musical de Goián, rendeuse homenaxe a Antonio Represas García "Ou Marreco": músico, compositor e artesán nado en Xinzo, e todo un referente na música tradicional galega e a innovación no deseño e fabricación da gaita.

 

Membros da Banda de Xinzo, mostraron ante o público asistente, o froito dun arduo labor de investigación sobre "O Marreco" e os seus irmáns, todos eles coñecidos pola súa achega á música tradicional e a súa habilidade para a invención e a creación.

 

A música en Xinzo, non pode entenderse sen o taller e o traballo desenvolto por esta familia de xenios, prenderon unha chama que se mantén viva ao longo do tempo, representada incluso por descendentes e familiares que continúan o seu labor artesán e musical, formando parte da Banda de Xinzo algúns deles.

 

No Festival, a Banda de Xinzo interpretou de forma inédita varias pezas compostas por "O Marreco": Pasacorredoiras, Xota, Polca e Muiñeira, Rumba e Pasodobre.

 

Os arranxos que permitiron esta gran estrea, correron a cargo do gaiteiro e compositor galego Pedro Lamas, que adaptou as pezas orixinais á realidade bandística. O resultado era de esperar: éxito rotundo, os aplausos do público asistente coroaron un Festival de melodías contaxiosas e ritmos pegadizos que espertan a nosa identidade, a nosa tradición e idiosincrasia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.