Miércoles, 04 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 08 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

Movemento Salceda presenta a súa candidatura

Movemento Salceda deu a coñecer este sábado a candidatura coa que concorre ás vindeiras eleccións municipais do 26 de maio, nun acto que se celebrou no Auditorio Municipal.

 

A lista, formada por 10 mulleres e 13 homes, está encabezada polo actual Alcalde, Marcos Besada, e nela participa ao completo o seu equipo de goberno, "abalando así o traballo realizado nos doce anos que levan gobernando". As sete parroquias están representadas na candidatura, que ademais "combina a experiencia coa xuventude, ofrecendo así o grupo de persoas que mellor pode representar aos salcedenses para dirixir o Concello de Salceda. Fundamental resulta tamén a enorme vinculación dos candidatos e das candidatas co tecido asociativo do municipio, con representación en moitas das asociacións existentes no Concello" explican.

 

O acto contou coa intervención das persoas que ocupan os seis primeiros postos da lista (Tere Pérez, Javi Alonso, Lucía Pereira, Miguel González, Alex Rodríguez e Loli Castiñeira) para dar paso finalmente a Marcos Besada, que se encargou de presentar os 23 integrantes da lista.

 

No acto falouse do "difícil que foi a actual lexislatura para un equipo de goberno en minoría no que o PSOE decidiu aliarse co PP e facer pinza en todos cada un dos puntos importantes para Salceda, atrevéndose incluso a votar en contra do cumprimento da lei. A pesares disto Movemento Salceda conseguiu sacar adiante importantes proxectos que seguen a transformar Salceda día a día" explican.

 

En palabras do actual Alcalde e candidato por Movemento Salceda, Marcos Besada, “Salceda iniciou hai case doce anos unha nova etapa para o seu futuro. Un Concello e unha vila pensados para a xente, un Concello onde vivir, traballar e gozar, recuperando o orgullo de vivir en Salceda e ofrecendo ó País unha nova imaxe tras máis de trinta anos de goberno do Partido Popular. Ó longo destes anos demostramos que temos un proxecto para o noso Concello e capacidade para facelo posible. Síntome orgulloso de poder contar na candidatura que encabezo con persoas comprometidas cos seus veciños e veciñas, persoas sempre ao servizo da xente, persoas comprometidas coa xente con dificultades, coa xente que precisa máis atencións, coa xente maior, coa infancia, coa xente que non ten traballo...”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.