PONTEAREAS
Villar sobre o PXOM: “fixeron grandes cambios perxudicando a moitos veciños”
“Catro anos de paralización e en plena campaña electoral pretenden aprobar un documento que dana o crecemento do noso pobo, das parroquias e perxudica claramente ao asentamento de novas familias no rural”
A voceira e candidata do PP, Belén Villar, denuncia a incompetencia do actual goberno tripartito que non foi quen de sacar adiante o PXOM nestes últimos catro anos e agora quere aprobalo de calquer forma en plena campaña electoral.
“En plena campaña ocórreselles aprobar o plan, sen presentar nas comisións os novos planos, as supostas novas modificacións, cunha total inseguridade que desde logo o grupo que lidero non vai apoiar”.
Villar denuncia que Chus Garrote, responsable de Urbanismo, leva desde novembro sen convocalos, que realizaron unha comisión informativa o pasado venres na que varios grupos da oposición informaron da existencia de graves erros no documento e cambios de gran calibre, algo que non está permitido xa que a modificación debe ser baixo os criterios que a Xunta informou. “Garrote enviounos un email solicitando que comunicásemos os erros detectados. Ademais de non realizar o seu traballo esíxenos a nós que o fagamos. Este grupo é responsable e quere o mellor para Ponteareas, por iso onte contestou ao requirimento de Garrote, candidata socialista, informando dalgunhas das deficiencias que contén o documento e que detectamos”.
Por outra banda o PP tamén está a estudar algunhas recalificacións que se fixeron de parcelas, para saber que criterios seguíronse e se cumpre coa Lei de Solo. “Detectamos algunhas recalificacións. Por outra banda seguimos solicitando un calendario de reunións onde podamos traballar e participar todos os grupos e o equipo redactor do Plan Xeral. Descoñecemos os criterios que seguiron para cambiar a natureza das parcelas. Tamén se nos informou que chegaron algunas reclamacións que foron tidas en conta, polo que creánse veciños de primeira e de segunda, xa que moitos descoñecen os grande cambios que fixeron e non se lles da a oportunidade de presentar alegacións”.
Villar comprométese a revisar o documento, co equipo redactor e todos os grupos da oposición, e insta ao tripartito a que decline levar ao pleno o PXOM tal e como está actualmente. “É o seu propio documento e din que que non lles gusta, pois aos grupos da oposición tampouco. Como líder da oposición mantiven reunión cos veciños, colectivos e asociacións e tampouco respaldan este documento. Polo tanto non encontramos motivos para que sexa levado agora ao pleno”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163