O PORRIÑO
Inaugurase a exposición de fotografías de Ruth Matilda Anderson no Centro Cultural
A Alcaldesa de Porriño, Eva García presidirá hoxe xoves 9 de maio a inauguración da exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia» que se exhibirá no Centro Cultural Municipal. Walter Alvarez , director territorial de “ABanca” e Paloma Vela, coordinadora adxunta de Cultura de “AFundación” asistirán tamén en representación das institucións que trouxeron esta exposición a Porriño.
A tal fin, no pasado mes de abril suscribiuse un convenio de coalboraciónentre Concello, “Afundación” e ABanca.
A exposición, de entrada libre e gratuíta se poderá visitar ata o 2 de xuño, de luns a venres en horario de 8.30 a 20.30 h. Mañán xoves unha comitiva de 25 estudantes do IES Pino Manso, de Porriño participarán da primeira visita guíada á mostra.
Entre as fotografías seleccionadas para exhibirse en Porriño ocupan un lugar sobranceiro catro imaxes que Anderson tomou na nosa vila e unha delas serve para o cartel anunciador como poden ver na imaxe adxunta e como fondo para o programa de mán da exposición.
A exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia» presenta un completo relato documental e antropolóxico da Galicia dosa nos vinte. Ruth Matilda Anderson recolleu en imaxes e en anotacións minuciosas o que atopou nas súas expedicións entre 1924 e 1926 pola Galicia interior e costeira. Acompañada polo seu pai, percorreu Galicia, aprendeu as linguas, castelá e galega, e os costumes, dirixiuse ás aldeas e falou coa xente. O seu trato tan próximo coas mulleres e homes de Galicia favoreceu que o seu traballo reflectise con tanto coidado e empatía a realidade galega dos anos vinte.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.119