TURISMO
Comeza unha escavación para buscar un primitivo mosteiro en Vilachá
Un equipo de arqueólogos dirixido por Xurxo Ayán estaá a escavar o lugar de Os Conventos no Val do Frade (Vilachá))
Un equipo dirixido polo arqueólogo Xurxo Ayán e coa participación do Incipit-CSIC inicia unha escavación para investigar o lugar chamado Os Conventos, no Val do Frade, Vilachá. O obxectivo é comprobar se hai evidencias arqueolóxicas dun primitivo mosteiro que podería aportar información sobre as orixes da Ribeira Sacra.
A campaña enmárcase no proxecto Adegas da Memoria, impulsado pola Asociación de Veciños de Vilachá e o Concello da Pobra do Brollón co obxectivo de dinamizar esta parroquia, poñendo no centro aos veciños da zona.
Os veciños de Vilachá sempre falaron dun antigo convento no Val do Frade e dos grandes muros que se aprecian no lugar. Ademais, existe un documento medieval no que se menciona o Mosteiro de San Martiño de Piñeira, actualmente sen localizar. Os lindes que figuran en dito documento apuntan a que podería estar na ribeira do Val do Frade.
Os muros e estruturas de pedra que se ven en superficie no lugar de Os Conventos xa son un indicio dunha construción estraña, que non se parece aos muros das terrazas vinícolas da contorna. Apréciase unha serie de cubículos de finalidade descoñecida de muros de ata dous metros de alto.
Agardan atopar un primitivo mosteiro que podería dar información sobre as orixes da Ribeira Sacra
Segundo o director arqueolóxico Xurxo Ayán, “en superficie aprécianse distintos muros de épocas diversas; a simple vista parece que existiu un edificio bastante monumental que posteriormente foi reaproveitado para a construción de pataos e traballos vitivinícolas en xeral”.
Outro indicio interesante é unha pedra de pesa de lagar que os veciños atoparon nas inmediacións dos Conventos, que foi levado ao centro do pobo de Vilachá. Esta pedra é unha pista de que nalgún momento neste lugar elaborouse viño, posiblemente antes da construción do conxunto de adegas tradicionais de Vilachá
O equipo de arqueólogos xa está a escavar no lugar de Os Conventos para intentar pescudar a súa antigüidade e posible uso das construcións, aínda que todo indica que tiveron varios usos ao longo da historia.
Toda a campaña arqueolóxica está a ser gravada para a segunda tempada de Adegas da Memoria, que se estrea esta semana. Serán tres episodios nos que os espectadores poderán seguir en liña todo o proceso de investigación.
O primeiro episodio lanzarase este xoves dentro do I Ciclo de Vilacharlas. A cita é na Adega de Luis (A Abelaira, Vilachá) ás 19:00. Tras a proxección do episodio falará Josu Santamarina sobre a súa experiencia na arqueoloxía da guerra civil en País Vasco.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40