Miércoles, 04 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 09 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Última sesión do programa de prevención da drogodependencia “Non te Consumas”

O programa municipal “Non te Consumas” que se puxo en marcha fai dous anos leva dende o pasado mes de febreiro traballando co alumnado do IES de Mos sendo a última sesión, celebrada onte, impartida pola Policía Local.


Trátase dun proxecto de prevención do consumo de drogas precoz para concienciar dos riscos derivados do consumo de sustancias aditivas.


A intención é apoiar o profesorado e as familias na súa tarefa educativa con proxectos de prevención liderados por profesionais do sector ao longo do curso escolar que pretende ter carácter perentorio e instalarse nas aulas de xeito transversal.


O alumnado co que se traballou este ano son rapaces de 2º da ESO que recibiron sesións grupais utilizando o espazo de educación para a cidadanía. Enfocouse o problema das dependencias dende o punto de vista sociofamiliar, sanitario e legal.


“Non te Consumas” é un programa empírico aberto e flexible que busca novas fórmulas para a efectividade no eido da prevención e pretende ser un recurso útil que dé resposta ás necesidades educativas.


Un total de 137 alumnos/as participaron este ano nesta actividade
“Non te Consumas NON PAGA A PENA” foi a proposta de intervención que emitiu o Concello de Mos para concienciar, dun xeito cercano e impactante ós adolescentes, do risco do consumo de drogas e a súas consecuencias no ámbito persoal, sociofamiliar, sanitario e legal.


O programa incluiu unha serie de coloquios dirixidos por persoas directamente relacionadas, sabedoras e coñecedoras do mundo das drogas, que nun ambiente informal relataron a súa experiencia e propiciaron o diálogo có alumnado.


A primeira charla, “Non paga a pena para a túa vida” contou como testemuñas con persoas con dependencias que rehabilitáronse en Proxecto Home da súa dependencia ás sustancias e o xogo e reflexionaron sobre o que  lles levou a elo e como superaron este período.


A segunda charla, “Non paga a pena para a túa saúde” contou con Ángel Pichel  Loureiro, Doutor especialista en medicina de familia e familiar, e que conta con  moita experiencia no servizo de urxencias do Meixoeiro e agora no hospital Alvaro Cunqueiro.


E a terceira charla impartida onte versou sobre “Non paga a pena o custe legal/penal” e foi impartida por dous axentes da Policía Local de Mos que espuxeron a súa experiencia policial con xoves consumidores, a responsabilidade legal penal do consumo de drogas; falaron sobre o botellón e contaron anécdotas entre outras moitas aportacións de interese para os mozos e mozas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.