PROVINCIA
Medio Ambiente acomete labores de limpeza reparación en camiños da Illa de Ons
Os traballos comezaron a semana pasada actuando sobre os vieiros de acceso a Chan da Pólvora, a zona de acampada, e está previsto que rematen antes do verán
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda está a acometer unha serie de labores de limpeza e acondicionamento do firme en varios camiños da Illa de Ons. As primeiras actuacións están a centrarse nos vieiros perimetrais que dan acceso á zona de Chan da Pólvora, onde se localiza o cámping da illa, aínda que o obxectivo é retocar todas as rutas principais.
Con este obxectivo, persoal do Parque Nacional das Illas Atlánticas, apoiado por unha empresa que se ocupa do manexo da maquinaria necesaria para os labores de reparación (mini palas e unha apisonadora, entre outros) comezaron a semana pasada a traballar na illa e a previsión é que as actuacións estean rematadas antes do verán, aínda que os prazos estarán condicionados polas condicións climatolóxicas.
O custo total dos traballos ascende a 54.000 euros, incluído o persoal contratado para o operativo, a compra do material utilizado na obra e o alugueiro das máquinas que se están a empregar.
Trátanse das primeiras actuacións de mantemento recollidas dentro do Plan Reitor de Uso e Xestión do Parque Nacional das Illas Atlánticas, en vigor desde febreiro
En canto aos traballos que se están a realizar, consisten basicamente en tarefas de limpeza, acondicionamento e rehabilitación do firme e reparación de posibles desperfectos tanto nos propios camiños como nas cunetas. Para iso, estase a empregar material e elementos naturais, como xabre, como alternativa ao asfalto ou aos regos bituminosos.
Actuacións en Semana Santa
Cómpre lembrar que os traballos que se están a acometer sobre os camiños e cunetas da Illa de Ons danlle continuidade aos labores de limpeza e desbroce levados a cabo por persoal ao servizo do Parque Nacional durante a pasada Semana Santa. Estas actuacións de rehabilitación de camiños en Ons constitúen a primeira fase duns traballos que terán continuidade tamén nos próximos anos, xa que o Plan Reitor de Uso e Xestión (PRUX) do Parque Nacional, que entrou en vigor en febreiro, contempla a execución por parte da Xunta deste tipo de labores periódicas para manter os accesos en todas as illas do arquipélago.
Así mesmo, ao longo deste ano a Consellería ten previstos outros investimentos para a execución de distintos labores de mantemento dentro da Illa de Ons en áreas diversas como control de pragas, conservación de áreas naturais ou xestión de residuos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11