Sábado, 14 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 09 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmerla Silva sinala a importancia da UE para “unha provincia con máis recursos e máis dereitos”

A Deputación lidera 15 programas para a modernización industrial, a sustentabilidade, a xestión transfronteiriza e a mellora do emprego, formación, emprendemento e o turismo da provincia

A presidenta da Deputación de Pontevedra reivindicou esta mañá con motivo do Día de Europa a importancia da Unión Europea para a construción “dunha provincia con máis recursos e máis dereitos”.  Para Carmela Silva “hoxe é un día moi importante” e para elo recordou que a institución está a liderar ata 15 proxectos europeos dotados con 24 millóns de euros para mellorar a vida da cidadanía da provincia.  “A xente ten que saber canto nos xogamos por defender que siga habendo unha Unión Europea, xa que moitos proxectos que desenvolven as administracións públicas para mellorar a calidade de vida da cidadanía e desenvolver o territorio teñen que ver cos recursos que chegan de Europa”, asegurou a presidenta.

 

Para Silva “non hai mellor forma de celebrar o Día de Europa que dando a coñecer todos os proxectos e iniciativas que se desenvolven con recursos que achega a Unión Europea á Deputación”. Neste eido, a presidenta destacou que co financiamento europeo se están a impulsar ata 15 actuacións dotadas con 24 millóns de euros para fortalecer o medio ambiente, impulsar o desenvolvemento económico e a modernización industrial, dinamizar os sectores primarios, poñer en valor o turismo e promover o emprego, emprendemento e a formación.

 

Máis polo miúdo, tal e como detallou Silva, a Deputación con financiamento europeo está a modernizar a industria da provincia con iniciativas como IN 4.0 de adaptación do modelo de industria 4.0 ao sector da construción naval. Tamén actuacións para impulsar un territorio máis sustentable como o proxecto Estraee  (Estratexia Sostible Transfronteiriza para a Xestión dos Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos) e a iniciativa de eficiencia enerxética a través de iluminación exterior sustentable e substitución de caldeiras de gasóleo por caldeiras de biomasa.

 

 

 

 

“A xente ten que saber canto nos xogamos por defender que siga habendo unha Unión Europea. Moitos dos proxectos das administracións se fan cos recursos de Europa”

 

 

 

 

A través de achegas da Unión Europea, a Deputación de Pontevedra está a configurar unha Eurorrexión Norte de Portugal –provincia de Pontevedra que aposte por impulsar experiencias piloto de xestión e turismo transfronteirizo e proxectos que impulsen o emprego a ambas beiras do Miño a través dos proxectos Visit Minho e Smart Minho.

 

No eido do emprego, o emprendemento e a formación a presidenta da Deputación de Pontevedra mencionou ata nove proxectos en marcha con recursos europeos entre os que se atopan DepoEmprende 2016 e 2017, PracticumDepo, o coworking de Barro, DepoIntegra Xoven, Labora 2020, Millenials, Depoverde e Depoapicultura. Amais, a institución provincial está tamén a impulsar con financiamento europeo iniciativas encamiñadas á mellora do sector turístico como Tourist Inside Rías Baixas e Protura.

 

O Día de Europa celébrase o 9 de maio en recordo da “Declaración Schumann”, o discurso pronunciado o 9 de maio de 1950 por Robert Schumann relativo á cooperación política entre as nacións de Europa. Carmela Silva recordou que este discurso, “pronunciado fai xa 69 anos converteuse no xerme do que hoxe coñecemos como Unión Europea”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.