Sábado, 14 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 10 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

En marcha o I Concurso de Debuxo Infantil “Debuxa a túa provincia”

“Con esta iniciativa pretendemos que os nenos e nenas da provincia plasmen a súa visión sobre os nosos recursos turísticos e elementos do patrimonio cultural e natural”

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, anunciou onte en rolda de prensa a posta en marcha do I Concurso de Debuxo Infantil “Debuxa a túa provincia” a través de encartes que se publican hoxe na prensa diaria. “Con esta iniciativa pretendemos que os nenos e nenas da provincia plasmen a súa visión dos recursos turísticos e elementos do noso patrimonio cultural e natural. Amais, así tamén traballaremos para axudarlles a coñecer a riqueza turística da nosa provincia”, explicou Silva.

 

Máis polo miúdo, os traballos deberán estar elaborados por nenos e nenas da provincia de ata os 14 anos de idade (incluídos). Así, haberá tres categorías: ata os 6 anos (categoría 1), entre os 6 e 11 anos (categoría 2) e de 11 a 14 anos (categoría 3). O concurso consistirá en facer debuxos centrados na provincia de Pontevedra e plasmar os seus lugares preferidos, ben sobre o que representa a provincia ou como eles a ven. Para elaborar os traballos poderán empregar a técnica que desexen, sempre e cando sexa manual (lapis, ceras, témperas, acuarelas, etc.).

 

 

 

 

Os premios para os nenos e nenas que resulten gañadores ou gañadoras do concurso serán experiencias turísticas pola provincia acompañados das súas familias

 

 

 

 

O premios para as gañadoras e gañadores serán experiencias turísticas pola provincia. Desta maneira, para a categoría 1 será un taller de marisqueo; para a categoría 2 un paseo pola ría en barco científico, dende o porto náutico de Vigo; e para a categoría 3 unha visita á illa de San Simón e ao porto de Cesantes. O xurado valorará tanto a orixinalidade como a calidade e será o encargado de elixir as obras gañadoras, que se darán a coñecer o 31 de maio.

 

Para participar, na web www.depo.gal está dispoñible a lámina para que as nenas e nenos poidan facer o debuxo cun lema identificativo. No seu reverso escribiranse os datos da autora ou autor e o número de teléfono do nai, pai ou persoa titora legal, que tamén deberá asinar a autorización da participación da ou do menor e a aceptación das bases. O prazo límite de presentación dos debuxos será o 30 de maio e deberá facerse nas sedes da Deputación en Vigo e Pontevedra ou nas oficinas do ORAL da provincia en horario de mañá.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.