Miércoles, 15 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 14 de Abril de 2026 a las 20:46:44 horas

Xornal21.es
Viernes, 10 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Inaugurada a exposición de fotografias de Ruth Matilda Anderson no Centro Cultural

A Alcaldesa de Porriño, Eva García presidiu onte a inauguración da exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia» que se exhibirá no Centro Cultural Municipal ata o 2 de xuño.

 

Walter Alvarez , director territorial de “ABanca” e Paloma Vela, coordinadora adxunta de Cultura de “AFundación” asistiron tamén en representación das institucións que trouxeron esta exposición a Porriño.

 

“Como muller e como alcaldesa síntome moi orugullosa de que a nosa cidade acolla esta mostra de fotografía baseada na obra dunha muller pioneira do seu tempo”, dixo Eva García na súa intervención.


A alcaldesa de Porriño valorou que “a calidade do traballo vai máis aló das imaxes; reflexou como ningún antes unha Galicia rural e costeira en tempos de depresión, retraso e pobreza”.

 

Nesa misma liña, Paloma Vela, en representación de AFundación sinalou que a mostra “presenta un completo relato documental e antropolóxico da Galicia dos anos vinte”. E salientou a capacidade desa xoven neoiorquina “para aprender algo de galego e castelán o que lle facilitou aproximarse ás xentes e que incluso lle franquearán ó acceso as súas casas para reflectir con tanto coidado e empatía a realidade da nosa terra”.

 

A exposición, de entrada libre e gratuíta pódese visitar de luns a venres en horario de 8.30 a 20.30 h. Hoxe coincidindo coa inauguración, unha comitiva de 25 estudantes do IES Pino Manso, de Porriño participaron da primeira visita guíada á mostra. Entre as fotografías seleccionadas para exhibirse en Porriño ocupan un lugar sobranceiro catro imaxes que Anderson tomou na nosa vila e unha delas serve para o cartel anunciador. Está alcumada como “Método para  carrexar un cesto entre Mondariz e Porriño”. Foi sacada por Ruth matilda Anderson o 12 de septiembre de 1924 e serve ademáis como imaxe do programa de mán da exposición.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.53

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.