CULTURA
As Feiras do Libro de Galicia recalan no Porriño ata o 12 de maio
O director de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou na apertura desta cita cultural de referencia para autores e lectores
O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na apertura da Feira do Libro do Porriño, onde permanecerá ata o 12 de maio. Trátase dunha cita anual que se inclúe no calendario das Feiras do Libro de Galicia 2019 e que é xa unha referencia para autores e lectores.
O Porriño é a cuarta parada do calendario de Feiras do Libro de Galicia 2019, que despois irán a Celanova, o 23 de maio; Ourense, do 29 de maio ao 1 de xuño; Redondela, do 6 ao 9 de xuño; Ribeira, do 13 ao 16 de xuño; e o concello de Cambados, onde estará entre o 19 e o 22 de xuño.
As seguintes paradas no calendario das Feiras do Libro de Galicia 2019 serán Celanova, Ourense, Redondela, Ribeira e Cambados
Xa no inicio do verán, as citas serán nos municipios de Vigo, do 27 de xuño ao 6 de xullo; Ponteareas, do 11 ao 14 de xullo; e a localidade de Rianxo, entre o 25 e o 28 de xullo. Pecharase a edición do 2019, xa no mes de agosto, na Coruña, desde o 1 ata o día 11; en Viveiro, do día 14 ao 18; en Foz, entre o 22 e o 25; e, finalmente, en Monforte de Lemos, do día 28 ao 31.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149