Miércoles, 04 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 10 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O BNG de Salceda presenta a súa candidatura este sábado

Acto público do BNG en Salceda de Caselas, o sábado 11 de maio ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal

Neste acto electoral o BNG presenta a súa candidatura ás eleccións municipais e no mesmo participa Ana Bringas, responsable de Acción Feminista no BNG, profesora na Universidade de Vigo e candidata ao Parlamento Europeo.

 

O BNG presenta en Salceda de Caselas unha candidatura formada por 17 persoas que representan "a unha cidadanía plural e diversa; que integra o conxunto do territorio municipal e contan con experiencia acreditada para desenvolver unha xestión eficaz no Concello".

 

Son persoas que "se comprometen a conformar unha administración municipal para as persoas; que dea resposta ás demandas dunha cidadanía esixente; veciñas e veciños ás que consultar e escoitar nas súas opinións" explican.

 

O BNG propón "unha xestión comprometida co ben común; cos servizos municipais públicos; cun medio rural vivo e activo".

 

A súa vez petenden "lograr a integración das e dos salcedenses novos, a súa identidade co territorio; e promover que Salceda sexa un concello emprendedor, no que procurar oportunidades de traballo e asentamento de poboación; son obxectivos as acadar".

 

Salienta dende o BNG  que se compromete "coa Salceda de hoxe, cunha cidadanía formada e informada; que sinta orgullo de vivir nunha localidade a vangarda nas transformacións sociais".

 

Encabeza a candidatura Xosé Manuel Suárez Estévez, quen retoma a actividade pública no eido municipal; veterano na política local de Salceda, representando sempre ao BNG, foi candidato á Alcaldía nos procesos electorais dos anos 1991, 1995 e 1999; desenvolveu, como concelleiro até o ano 2008, a portavocía grupo municipal do BNG; e coa chegada ao goberno municipal no 2007 e 2008, tivo baixo a súa responsabilidade ás áreas de réxime interior, facenda e persoal.

 

Con este acto a organización nacionalista inicia unha intensa campaña electoral, con actos públicos en tódalas parroquias e barrios de Salceda de Caselas.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.