GALICIA
O perruqueiro das “estrelas”, este domingo en “Hoxe con Manquiña”
O programa, producido por Ézaro Films, emitirase este domingo na Televisión de Galicia (TVG) ás 00.00 horas
Na nova entrega de “Hoxe con Manquiña” deste domingo falaremos cun dos mellores no competitivo mundo da perruquería, o ourensán Javier Varela Alonso, máis coñecido como o ·perruqueiro das estrelas”.
Este perruqueiro criado en Piñor comezou peiteando as bonecas das súas irmás para despois traballar en varias barberías a nivel local e nacional ata dar o salto a Roma e finalmente a París. O programa, producido por Ézaro Films, emitirase este domingo na Televisión de Galicia (TVG) ás 00.00 horas.
Que retos e obstáculos tivo que superar para chegar a estar alí? Que é iso do corte invisible? Cal é o valor dunhas tesoiras nos ambientes máis exclusivos de París? En “Hoxe con Manquiña” este domingo coñeceremos todos os segredos da perruquería de alto standing.
Comezaremos o prorgama en Piñor, coñecendo os motivos deste perruqueiro de querer marchar dun pobo tan pequeno onde non cabían unhas ideas tan ambiciosas. El quería ser un número un. Despois de rematar os seus estudos comezou a traballar nas perruquerías máis importantes de Galicia ata que decidiu dar o salto á capital. Desa capital o seu bo facer e a súa profesionalidade levouno a se converter no segundo de abordo dunha das empresas máis importantes de perruquería e estética do mundo dándolle a oportunidade de traballar no Hotel Hussler de Roma. Onde comezou a peitear a figuras de primer nivel como Al Pacino ou Salma Hayek.
Unha das súas historias máis curiosas foi o momento no que tivo que ir a peitear a unha filla dun oligarca ruso ás lonxanas illas Skopias en Grecia. Nós, na casa da súa irmá, intentaremos imitar ese momento cando foi recibido con caviar e champaña para almorzar.
Coñeceremos a súa irmá e a importancia do apoio familiar e de amizades para superar unha pequena depresión e decidirse partir a Madrid e logo a Roma e París.
Para despedirnos iremos a unha das cafeterías máis modernistas de Ourense "O café Bohemio". Entre a gastada madeira vernizada e os tons ouros coñeceremos o tipo de exclusividade teremos a oportunidade de gozar no seu novo negocio de Barbería. Tamén coñecermos a forma de traballo nas pasarelas máis importantes a nivel mundial xunto a nomes tan recoñecidos como Luís Vitton ou Yves Saint Laurent
Hoxe con Manquiña
En “Hoxe con Manquiña” teremos a oportunidade de continuar a coñecer a faciana máis íntima e persoal dos nosos galegos e galegas máis famosos e recoñecidos. Neste novo espazo de Televisión de Galicia, ademais de indagar nos aspectos menos coñecidos dos nosos convidados, teremos tamén a ocasión de descubrir o seu punto de vista sobre fitos do pasado que viviron en primeira persoa e, como non, tamén da actualidade.
Ademais achegarémonos á xente da rúa para tratar de averiguar o que saben sobre os nosos convidados e contaremos cunha sección sorpresa para o entrevistado na que recibirán unha mensaxe de alguén moi especial e querido para cada un deles.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58