Sábado, 14 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 10 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
Provincia de Pontevedra

Carmela Silva cancela a súa axenda pola morte de Alfredo Pérez Rubalcaba

Carmela Silva mostrou a súa dor polo falecemento “dun enorme político e unha excelente persoa” e trasladou a súa solidariedade e condolencias a súa familia. “Márchase un amigo”

A Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, cancelou este mediodía a súa axenda oficial tras confirmarse o falecemento de Alfredo Pérez Rubalcaba, a quen definiu como “un home de estado, un dos mellores políticos que tivo este país, dunha enorme talla, pero tamén unha excelente persoa, e particularmente un amigo a quen nunca esquecerei”.

 

Silva, que formou parte da executiva do PSOE con Rubalcaba ao fronte da Secretaría Xeral, mostrou a súa dor pola desaparición de “quen dedicou 30 anos da súa vida ao estado e que conseguiu tantas cousas para este país como foi o final do terrorismo, o final de ETA”. A presidenta provincial non ocultou este mediodía a súa emoción “por unha desaparición tan repentina e que nos enche de dor a todas as persoas que o coñecemos. Un home cunha intelixencia política inigualable, profundamente vital, un mestre e un amigo tan vinculado, amais, a miña propia traxectoria política cando me deu  a oportunidade de ser Secretaria segunda na Mesa do Congreso”

 

Carmela Silva trasládase esta tarde ata Madrid para poder acompañar á familia e compañeiros e compañeiras do ex Vicepresidente do goberno e histórico líder del PSOE na súa despedida, e para achegarse á capela ardente instalada no Congreso dos Deputados.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.