Viernes, 13 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 15 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Nova iluminación ornamental no Centro Cultural da Guarda

Dentro das actuacións de carácter estético de realce do noso patrimonio, como por exemplo o pintado do espigón ou a rotonda de San Roque, o concello da Guarda adxudicou esta semana as obras de iluminación ornamental do Centro Cultural da vila, unha construción indiana que ben merece luminarias que destaquen a súa arquitectura nas horas nocturnas, actuando na fachada principal e fachada oeste, así como nas escaleiras de acceso e a zona axardinada da parte posterior.

 

[Img #53078]Esta iluminación ornamental está xa en funcionamento dende o pasado mércores día 8 de maio, para o proxecto de iluminación ornamental do Centro Cultural da Guarda empregouse iluminación de tipo LED, con temperaturas de cor entre 3000k e 4000k, cumprindo cun aforro enerxético optimizado e destacando áreas específicas deste emblemático edificio co obxectivo de atraer a mirada cara a zonas, detalles ou particularidades arquitectónicas interiores ou exteriores, engadir profundidade ou texturas e matizar o aspecto xeral deste emblemático edificio da vila.

 

Esta iluminación conta cun sistema de programación horaria automatizado para poder controlar o acendido e apagado da mesma.

 

O financiamento desta actuación realizouse a través do plan concellos 2019 da Deputación de Pontevedra.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.