Miércoles, 04 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Sábado, 11 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
Mos

Arévalo anuncia a humanización integral da contorna do Centro Dotacional de Torroso

A candidata á alcaldía de Mos polo Partido Popular, Nidia Arévalo, anunciou  nun acto lúdico celebrado no Multiusos das Pozas, a humanización integral da contorna do Centro Dotacional de Torroso. A actuación prevé a construción dunha pasarela-miradoiro que conectará o torreiro da igrexa de San Mamede de Torroso co Centro Dotacional. Ademais, levarase a cabo a ralentización do tráfico cunha nova pavimentación no tramo entre a igrexa e o edificio cultural. Tamén, segundo avanzou Arévalo, construirase unha pequena bancada descendente e un local con aseos e cantina. A contorna do Centro Dotacional de Torroso é un dos espazos máis frecuentados polos mosenses, de aí que a candidata defenda a continuación da humanización desta zona, durante os vindeiros catro anos.

 

Ademais desta actuación, Arévalo anunciou outras humanizacións en Segundo Pampillón, en Sanguiñeda, na que se mellorarán as isletas de residuos, faranse novas beirarrúas, a mellora do alumeado, asfaltado e sinalización, ademais de pasos elevados. En Peinador, a candidata contempla facer tamén novas isletas de residuos, novas beirarrúas, a mellora do alumeado e a sinalización, así como novo asfaltado. En Pereiras, Arévalo anunciou que se fará unha senda peonil entre o colexio de Atín e a igrexa, novas beirarrúas e a mellora no alumeado, asfaltado e sinalización. Outra das humanizacións contempladas no programa de Nidia Arévalo é a de Generoso Domínguez, con novas beirarrúas, alumeado, asfaltado e sinalización e, en Guizán, na Estada Louriñó-Sobráns, Arévalo comprometeuse a facer beirarrúas, novas redes pluviais, mellorar o alumeado e novo asfaltado e sinalización.

 

As humanizacións contempladas no proxecto de Nidia Arévalo para os vindeiros catro anos tamén teñen en conta aos ciclistas. Mos terá dous novos carrís para bicicletas. Un entre Santiaguiño e o alto de Barreiro, de 3,5 quilómetros, e outro na estrada de Generoso Domínguez, de 6,8 quilómetros. 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.