Xornal21.es
Martes, 14 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO
Aberto o prazo de inscripción na IIª Edición do Certame de Empanadas do Porriño
O pasado venres 10, a Comisión Organizadora da IVª Feira do Pan do Porriño, aprobou as bases que rexerán a IIª Edición do Certame de Empanadas do Porriño, coñecida como "Empanadas no Ring". Nesta edición, aplicáronse varias modificacións para permitir unha maior participación de equipos no mesmo, sendo o equipo mínimo de 2 persoas. O Xurado, composto polas panaderías participantes máis unha persoa proposta pola organización, valorará 3 aspectos á hora de xulgar cada proposta: a forma (4 puntos), o sabor (4 puntos) e a historia e tradición da empanada (2 puntos). O concurso funcionará en 3 fases: valoración inicial, semifinal e final. O único requisito das empanadas é que teñen que ser con masa de pan de trigo, pero poden ter carlquer forma e recheo. No ano 2018, a empanada gañadora foi unha exquisita e tradicional empanada de xoubas, seguida por unha empanada de Balallau con pasas.
O gañador desta nota edición, levará un premio consistente nunha experiencia Smartbox para dúas persoas, cortesía de Seguros Reale Porriño, patrocinadora do evento. O certame celebraráse o 1 de Xuñpo ás 19:00 horas e os participantes poden apuntar a súa empanada ata o xoves 29 de Maio enviando un email a comunicacion@acipor.es ou chamando ao 693407755.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8