Lunes, 13 de Abril de 2026

Actualizada Lunes, 13 de Abril de 2026 a las 08:41:58 horas

Xornal21.es
Jueves, 16 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
TUI

O Concello de Tui e o Festival IKFEM asinan un convenio por 15.000€

O IKFEM, Festival Internacional de Instrumentos de Tecla, vaise celebrar do 14 ao 21 de xullo. Volverán recuperar como escenario a vella Ponte Internacional

Recentemente tivo lugar na casa do concello a sinatura do convenio de colaboración entre o Concello de Tui e a Asociación Xuventudes Musicais Eixo Atlántico, antigamente Asociación Musicais de Tui, organizadora do IKFEM, Festival Internacional de Instrumentos de Tecla da Eurocidade Tui-Valença.  Asinaron o convenio o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, e a directora do IKFEM, Andrea González.


Tras a aprobación en pleno do convenio de colaboración entre o Concello de Tui e o festival, o evento musical recibirá unha achega anual da administración local por valor de 15.000€. Será un convenio que “afiance a relación entre ambos e xerará sinerxías na creación do programa e actividades” segundo a directora do IKFEM, Andrea González.


Esta sétima edición celebrarase baixo o lema “Music and Fashion”  do 14 ao 21 de xullo, ampliando a sete días a súa programación. Ademáis, este ano van a recuperar como escenario a Vella Ponte Internacional.


O alcalde de Tui, Carlos Váquez Padín, destacaba a importancia de apoiar este festival xa que é un dos puntos clave do Plan Estratéxico de Turismo de Tui para atraer visitantes á cidade. Apuntaba que con esta sinatura “se vai estruturando o calendario cultural de maneira estable, con pretensión de continuidade e de fortalecemento dos eventos como unha forma de reforzar a marca Tui e Eurocidade”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.