GALICIA
Homenaxe a Antonio Fraguas na semana grande das Letras Galegas
A Consellería de Cultura e Turismo, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e a compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski homenaxean a Antonio Fraguas Fraguas na semana grande das Letras Galegas e volven poñer en marcha, por noveno ano consecutivo, a campaña Letras Galegas para festexar o 17 de maio cunha tirada especial de bolsas e carteis que chegarán aos fogares galegos desde hoxe nos Eroski Center, Autoservizos Familia e Hipermercados Eroski. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu hoxe ao acto de presentación da iniciativa no compostelán Eroski Center da Choupana.
“Un ano máis, empezamos a semana grande das Letras da man de Vegalsa-Eroski cunha importante homenaxe a Fraguas desde un dos ámbitos máis importantes para a promoción social do idioma: o socioeconómico, desde onde a figura do autor homenaxeado chegará aos fogares dos galegos e das galegas coa bolsa da compra”, destacou Valentín García.
Co, participaron no acto a directora de Relacións Institucionais a directora de RSE, Comunicación e Área Cliente de Vegalsa-Eroski, Gabriela González; o director da liña de Negocio Eroski/ Center e hipermercados e gasolineiras Eroski, Florentino Vázquez; o director de Marketing, Julián Hernández; o secretario da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo; e o representante da Fundación Antonio Fraguas Fraguas, Liño Lema.
Preto de 1,3 millóns de bolsas
Unha tirada de 500 exemplares da lámina titulada Amor a Galicia, das 10 que integran a mostra Coa de agarimo e F de folclore coa que o CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo (A Coruña) fíxose este ano, por segunda vez, co Premio do Concurso-Exposición Letras Galegas 2019, e 1.256.000 bolsas de edición especial contribuirán a visibilizar a celebración das Letras Galegas desde a cesta da compra dos establecementos Eroski Center, Autoservizos Familia e Hipermercados Eroski.
Trátase dunha acción que Vegalsa-Eroski engloba no seu compromiso cos atributos propios de Galicia, que teñen no idioma propio un dos seus máximos expoñentes, e que conta un ano máis coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58