GALICIA
Feijóo constata o potencial de crecemento do sector vitivinícola
Recorda que Galicia conta hoxe con máis de 13.000 viticultores e 461 adegas que conforman un sector que factura, nun ano medio, máis de 200 millóns de euros
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, constatou hoxe, durante unha visita ás novas instalacións no Pazo de Toubes da adega Viña Costeira, o potencial de crecemento do sector vitivinícola e animou a seguir impulsando o futuro do rural galego.
“Estamos diante dunhas instalacións reflexo do potencial de crecemento dos viños galegos non só pola súa produción senón tamén polo interese que xera a cultura vitivinícola”, aseverou, lembrando que esta adega conta con 528 socios e 300 provedores, tendo un papel esencial no conxunto de industrias inscritas no Consello Regulador da D.O. Ribeiro.
Ao longo da súa intervención, o responsable do Executivo autonómico resaltou que o vitivinícola é o sector agroindustrial máis exportador e recordou que Galicia conta hoxe con máis de 13.000 viticultores e 461 adegas que conforman un sector que factura, nun ano medio, máis de 200 millóns de euros.
Resalta a calidade do Ribeiro e a aposta dos seus viticultores polas raíces, recuperando a tradición sen renunciar a adaptala ao noso tempo, un proceso que redundou na súa competitividade e no seu recoñecemento
“O modelo é acreditar calidade, acreditando calidade e mantendo a produción facturarase máis e xerarase máis emprego o que implicará máis poboación para o rural, que empezará a arrancar pouco a pouco”, abundou.
Así mesmo, reiterou a importancia do traballo conxunto para alcanzar maiores cotas de profesionalización, xerar sinerxías con outros eidos como o turismo ou a gastronomía e apostar pola diferenciación e singularidade.
Feijóo concluíu salientando que o Ribeiro demostrou que apostar polas raíces é un acerto que nos impulsa con máis forza cara ao futuro. Non en van a súa calidade e o seu encanto permanecen inalterables e teñen un potencial maior grazas ao traballo dos viticultores que recuperaron a tradición sen renunciar a adaptala ao noso tempo. Un proceso que redundou na súa competitividade e no seu recoñecemento.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58