Sábado, 21 de Marzo de 2026

Actualizada Sábado, 21 de Marzo de 2026 a las 08:40:38 horas

Xornal21.es
Martes, 14 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Un mural sobre a sabedoría das mulleres e a non violencia, no Campo de Fútbol do Alivio

A deputada Montse Magallanes e a alcaldesa de Tomiño, presidiron a presentación do traballo, enmarcado dentro da campaña Mulleres en Acción: Violencia Zero, promovida pola Deputación de Pontevedra

A deputada provincial Montse Magallanes presidiu xunto á alcaldesa de Tomiño, o acto de presentación dun mural contra a violencia de xénero (obra da artista luguesa Doa Oa) que forma parte da campaña Mulleres en Acción: Violencia Zero, promovida pola Deputación de Pontevedra, coa colaboración, neste caso, do Concello de Tomiño.

 

O acto tivo lugar este mediodía no exterior do Campo de Fútbol do Alivio, coa asistencia, ademais, da comisaria da campaña, Paula Cabaleiro, a responsables do servizo de Igualdade na Deputación e no Concello (Lucía Muradas e Silvia Rodríguez, respectivamente); así coma varios concelleiros do equipo municipal e público en xeral.

 

A artista plástica Doa Ocampo "Doa Oa", explicou as claves do seu mural "Xuntas samos", incluído dentro do proxecto “Reforestando”. “Quixen que fora unha homenaxe ás mulleres menciñeiras e sanadoras, que transmiten o seu  poder e coñecemento de xeración en xeración, e que foron perseguidas”, asegurou. Na pintura, de máis de 8 metros de lonxitude, aparecen varias plantas medicinais, coma a ruda ou a beladona, moi utilizadas en Galicia para curar enfermidades.

 

Montse Magallanes referiuse ás orixes da campaña Violencia Zero e a como foi espallándose por cidades e pobos; escolas e parques e outros espazos abertos, co fin de ser motivo de reflexión e comprensión dunha realidade que non debería existir. A deputada asegurou que a temática do mural parecíalle moi axeitada. “Temos que seguir poñendo en valor as nosas habilidades e capacidades”, dixo neste sentido.

 

A alcaldesa de Tomiño, pola súa banda, dixo que o lugar elixido para colocar o mural era un campo de fútbol, coma xa se fixera con outro en Goián, por ser lugares tradicionalmente masculinizados que facilitan ademais, pola súa situación e estrutura, a visibilización da mensaxe.

 

A artista Doa Oa naceu en Sober (Lugo) en 1986, aínda que reside en Ferreira de Pantón. É graduada en Belas Artes e técnica superior en fotografía e participou en múltiples proxectos artísticos nacionais e internacionais. É a primeira vez que traballa no Baixo Miño. Segundo explicou durante o acto, gústalle representar nos seus traballos, plantas características do lugar, e especialmente aquelas con propiedades medicinais usadas tradicionalmente polas menciñeiras.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.