GALICIA
Educación executará este verán 22 obras de rehabilitación para centros de ensino
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional executará este verán un total de 22 obras de rehabilitación integral en centros de ensino das catro provincias galegas ao amparo dos fondos de superávit, por un importe total de 21,4 millóns de euros. Así o sinalou o secretario xeral técnico, Jesús Oitavén, nunha comparecencia no Parlamento de Galicia na que explicou que isto será posible grazas a que o seu departamento encargou os proxectos destas intervencións no mes de decembro de 2018. Ademais, dado que a execución das obras é necesario o outorgamento das licenzas municipais, “os proxectos foron todos remitidos na segunda quincena de abril aos concellos, polo que estimamos que haberá tempo suficiente”, indicou.
Jesús Oitavén destacou que a plataforma de Contratos de Galicia publica este mes a licitación das 22 rehabilitacións, o que permitirá adxudicar as obras a finais de xuño e comezalas a mediados do mes de xullo, a condición de que se outorguen as pertinentes licencias municipais. Deste xeito, a maior parte das obras de maior impacto e incomodidade podería quedar finalizada no comezo do curso, de tal maneira que as restantes obras interfiran o menos posible na actividade lectiva.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58