SALCEDA DE CASELAS
Os socialistas de Salceda apostan pola industria local, o comercio e o emprego
Os socialistas de Salceda, consideran "esencial para o futuro da localidade o apoio á industria local e ó pequeno comercio. Cremos desde o PSdeG-PSOE nunha Salceda que sexa unha vila para vivir e traballar, non unha vila dormitorio onde a xente teña que desprazarse para ir mercar e traballar, quedando deserta durante o dia".
"Para iso consideramos esencial o apoio ó pequeno comercio, porque é o que realmente dá vida ás nosas rúas, de nada serven humanizacións se as rúas se quedan valeiras e sen ningún atractivo que anime a visitalas. Queremos darlle a Salceda unha marca comercial que potencie o comercio de proximidade e sexa referente para os produtos elaborados na localidade" explican.
"Promoveremos un Gabinete Técnico de apoio ó comercio local e impulsaremos a realización de feiras e congresos na nosa localidade. Usaremos as redes sociais e internet para axudar a dar a coñecer e impulsar os comercios e industrias de Salceda. Ademais crearemos un laboratorio de ideas, unha bolsa de proxectos empresariais para a promoción do emprendemento" sinalan os socialistas.
Engaden que "o Polígono do Cerquido é esencial tamén na nosa estratexia para unha Salceda de futuro, é indispensable darlle apoio legal, impulsar e ordenar unha area industrial saída case da nada e que dá traballo a moitas e moitos salcedenses. Salceda precisa chan industrial para que as nosas empresas se desenvolvan, poidan crecer e xeren postos de traballo".
"O progreso de Salceda precisa innovación, os socialistas de Salceda quere aportar innovación ás empresas. Faremos un proxecto de colaboración co Universidade para mellorar o I+D+i da industria e comercio salcedense. Buscaremos tamén colaboración para deseñar Proxectos de Excelencia, Investigación e Desenvolvemento das Actividades Agroalimentarias e Enolóxicas, non podemos esquecer a orixe agraria de Salceda, nin deixar de lado a capacidade dos nosos terreos para a produción vinícola, hortícola e inclusive de aceite" aseguran".
"Salceda ten capacidade para dar traballo a moitos dos seus veciños e veciñas" e “os Socialistas de Salceda temos un proxecto ambicioso para a nosa localidade, poñendo as potencialidades de Salceda ó servizo da súa veciñanza, a través da innovación e centrando esforzos no impulso do emprego, a industria e o comercio para dinamizar a economía da nosa vila” afirma Verónica Tourón.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108