Viernes, 26 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 17 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Lazoiro presenta unha curta sobre a memoria histórica da vila

A curta pretende recoller a importancia que tivo a exposición A Nosa Memoria e poñer en valor ás persoas homenaxeadas no acto que tivo lugar nas Covas de Dona Urraca

Este sábado 18 de maio, ás 20:30h no café-concerto Vagalume en Salvaterra de Miño a asociación Lazoiro presentará unha curta sobre memoria histórica da vila producida por Diaño Filmes.

 

A curta ten como obxectivo recoller a exposición A Nosa Memoria, adicada á memoria histórica da vila e que tivo lugar o ano 2016  nas Covas de Dona Urraca cun gran número de asistentes e ademais poñer en valor tres biografías aínda descoñecidas para a gran maioría dos veciños e veciñas, que tiveron unha especial importancia en Salvaterra e na política galega.

 

Estas son Manuel Mariño Méndez, José Domínguez González e Manuel Puente González.

 

A primeira, Manuel Mariño Méndez, nado na parroquia de Fiolledo, dotado dun talento emprendedor e compromiso social creou no ano 1913 a Sociedade Agraria de Fiolledo, Oleiros e de Salvaterra coa axuda dos emigrados na Arxentina. Foi Concelleiro e o primeiro Alcalde constitucional na II República de 1931 e 1934. Sendo enlace da Unión Progresista do Distrito de Salvaterra de Miño en Bos Aires mercou os terreos para facer en Salvaterra a Casa Cooperativa Sindical ou Casa do Pobo (1927-1929). Delegado Rexional no II Congreso da Federación Nacional de Traballadores da Terra en 1931 en Madrid. Co golpe de Estado do 1936 controlou e dirixiu accións para preservar a legalidade. Tivo que agocharse na parroquia de Leirado e posteriormente fuxiu a Portugal, detido en Monçao durante uns meses, remataría nun penal de Lisboa que coa axuda do embaixador español logrou fuxir á zona republicana. Regresou a Galicia en 1947 con 65 anos de idade aproveitando un indulto de Franco para aqueles que non tiñan delitos de sangue. Viviu  silenciosamente na parroquia que o viu nacer ate o seu falecemento o día 15 de febreiro de 1967 aos 85 anos de idade.

 

A segunda persoa, José Domínguez González, Tte. De Alcalde fusilado, naceu na parroquia de Corzáns, con 16 anos emigra a República Arxentina, traballou de panadeiro e foi sindicalista deste gremio. En 1920 foi membro da Comisión da Directiva recen fundada “Sociedad Juventud Progresista Hijos de Fornelos y Anexos de Buenos Aires”. Axudou na compra dun terreo para a escola de Fornelos, entre outros. Escribiu artigos para Acción Gallega ou  A Fouze de Bos Aires. Membro da Sociedade Nazonalista Pondal de Bos Aires.A Raíz do golpe do 18 de xullo de 1936 forma parte do Comité da Defensa da República, participa na requisa de armas, municións e ferramentas seguindo as ordes oficiais que emitía o Goberno. O 28 de xullo publícase un bando de guerra en Salvaterra e aínda que Domínguez permanecerá agochado en Corzáns, remata por ser detido, ingresou na prisión de Tui 11 dea gosto, trasladado a Vigo para ser finalmente fusilado no monte do Castro en Vigo o 24 de febreiro de 1937.

 

A terceira persoa, Don Manuel Puente González (1890-1970), naceu na parroquia de Oleiros, en 1906 emigra a Bos Aires e aprende o oficio da xoiería, funda no 1919 a empresa Manuel Punta y Cia, unha das maiores cadeas de xoiería e pratería da Arxentina. Puente foi fundador da dirección de Sociedad Anónima Industría Sérica Argentina, primeira fábrica de seda natural da Arxentina. Tivo diversos cargos, entre os que cabe destacar o de tesoureiro na Cámara Sindical de Comercio de Bos Aires, presidente da Cámara de Comerciantes Republicanos Españoles e fundador e primeiro presidente da Sociedade Unión Progresista de Salvatierra de Miño. Membro da Federación de Sociedades Galegas e a Irmandade Galega da Arxentina, socio do Centro Gallego, Centro Orensano, Centro Pontevedrés e outros. En 1929 viaxa a Salvaterra onde inaugura a Casa do Pobo. En 1940 cando Castelao chega a Bos Aires en calidade de exiliado, Puente puxo a disposición de Castelao e a súa dona Virxinia Villaverde e outros. Funda xunto a Castelao e outros o Consello de Galiza (Goberno galego no exilio), sendo Puente presidente da Comisión de Facenda. Costeou diferentes obras de Castelao, entre as que esta o Sempre en Galiza, Albumes de Guerra e as Cruces de Pedra. Sufragou tamén os gastos de Historia de Galicia de Otero Pedrayo e contribuíu a recadación de fondos para financiar a editorial Galaxia fundada no 1950. Finou en Bos Aires no ano 1970, deixando a súa pegada na historia como o gran mecenas galego da emigración.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.