Sábado, 14 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 19 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación de Pontevedra destina preto de 60.000 euros ao programa “Tecendo Lazos”

O programa, dirixido a persoas de entre 6 e 99 anos, promove estratexias para o encontro, a sensibilización e o intercambio de aprendizaxes e valores entre xeracións

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este próximo luns as bases reguladoras dunha nova edición do programa “Tecendo lazos”, programa ao que destina este ano 59.455,76 euros. Esta iniciativa, dirixida a persoas de entre 6 e 99 anos, pretende crear espazos interxeracionais, así como promover ideas e valores encamiñados a producir lazos afectivos entre as distintas xeracións, que repercutirán na adquisición de habilidades nos máis novos e novas e nun envellecemento san e activo por parte dos maiores.

 

A Deputación de Pontevedra, a través da cuarta edición deste programa, vai desenvolver 52 obradoiros interxeracionais no ámbito do lecer e o tempo libre a través dos cales se pretende poñer en marcha espazos para o encontro que permitan a construción de sociedades máis xustas, integradas e solidarias. Máis polo miúdo, os obradoiros, dirixidos a un máximo de 30 persoas, terán unha duración de 16 horas e axustaranse ás áreas temáticas de “Risas en familia”, “Xogos e xoguetes tradicionais: xogando en familia”, “O noso son: bailes e cancións de agora e de sempre” e “Faino ti”.

 

Amais, todos eles contarán, ao igual que aconteceu o ano pasado, cun módulo titulado “A historia do meu concello”. O obxectivo deste módulo é promover a transmisión de coñecementos entre as persoas de distintas xeracións, dando a coñecer as tradicións ou os novos relatos de cada un dos municipios a través das achegas do alumnado participante.

 

O programa “Tecendo lazos” está aberto aos concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes. Para participar no programa, os concellos interesados deberán cubrir o modelo de adhesión dispoñible na sede electrónica da Deputación, nun prazo de 15 días hábiles desde o día seguinte á publicación do extracto das bases no BOPPO.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.167

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.