Martes, 23 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 19 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Nigrán Decide presenta o seu programa de desenvolvemento local, emprego e turismo

No programa para o desenvolvemento económico de Nigrán propóñense medidas para protexer o pequeno comercio e de fomento da contratación coas PEMES de Nigrán e o Val Miñor

A candidatura NIGRÁN DECIDE, fixo público o seu programa para o desenvolvemento económico de Nigrán, o emprego e o turismo.

 

Entre as medidas incluídas no programa están a creación dun rexistro de contratistas de Nigrán e do Val Miñor, aos que se lles informará de todas as contratacións que realice o Concello de Nigrán, así como a división dos contratos que realice o concello de Nigrán, para facilitar o acceso á contratación pública das pequenas e medianas empresas de Nigrán e do Val Miñor.

 

Tamén se establecerán controles nos contratos controles sobre a subcontratación realizadas polas empresas que contrata o concello.

 

Protección do pequeno comercio

Cara a protección do pequeno comercio e o comercio de proximidade, NIGRÁN DECIDE, ademais de facer campañas de fomento do comercio de proximidade, comprométese a non aumentar no PXOM a reserva de solo para grandes superficies comerciais, tal como pretende facer o actual goberno.

 

Creación dunha marca turística de Nigrán

NIGRÁN DECIDE considera que temos que camiñar cara un modelo turístico de calidade, máis diversificado, sofisticado, respectuoso co entorno e integrar máis harmonicamente as necesidades do turista, o residente temporal e as da poboación permanente de Nigrán, sendo necesario dispoñer dunha liña de intervención clara e continuada, sostida no tempo, mediante a creación dunha marca turística de Nigrán, a partir da elaboración e desenvolvemento dun Plan estratéxico de turismo en Nigrán.

 

Fomento de emprego

Para as persoas en paro de Nigrán proponse a elaboración dun plan de formación de calidade, con itinerarios formativos completos que cualifiquen a estas persoas para exercer unha profesión, orientando as ofertas de emprego reais existentes na área metropolitana de Vigo e, particularmente, das empresas de Porto do Molle. 

 

Tamén se fomentará a creación de empresas de inserción de persoas en paro con especial dificultade para encontrar traballo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.