VIGO
O MARCO inaugura "Destacados. Colección Telefónica", con obras de Picasso, Magritte, Tàpies ou Chillida
En colaboración coa Fundación Telefónica, o céntrico museo vigués ofrece esta mostra por primeira vez en Galicia, con máis de 150 obras en papel, pintura e escultura que debullan unha panorámica dalgúns dos capítulos máis interesantes da arte do século vinte. O alcalde, Abel Caballero, participou no acto de apertura
O acto de inauguración desta exposición contou coa participación do alcalde de Vigo, Abel Caballero, e do concelleiro de Cultura, Cayetano Rodríguez, xunto ao responsable global da área de cultura dixital e Espacio Fundación Telefónica, Pablo Gonzalo, á directora de Telefónica Galicia, Marta Menéndez, e ao director do MARCO, Miguel Fernández-Cid.
Ata o 15 de setembro, o MARCO abre as súas portas á mostra "Destacados. Colección Telefónica", unha exposición con máis de 150 das pezas máis salientables dos fondos da empresa. Ata setembro, o museo vigués acollerá obra en papel, pintura e escultura de artistas como Picasso, Gris, Magritte, Delvaux, Chillida e Tàpies, entre outros.
A mostra recala en Galicia por primeira vez e traza unha panorámica dalgúns dos capítulos máis interesantes da historia da arte do século XX, de dentro e fóra das nosas fronteiras. A importancia das obras non só reside na corrente artística que representan, senón tamén na transcendencia do seu autor e o interese que xeran figuras deste calibre no ámbito cultural e social.
Ademais, como valor engadido da mostra en Vigo, xunto ás obras da Colección Telefónica, a exposición permite establecer vínculos e diálogos con creadores galegos renovadores, que deron paso á modernidade en Galicia, a través dunha selección de obras procedentes de Coleccións de Museos do Concello de Vigo.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58