Jueves, 05 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Martes, 21 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O PSdeG-PSOE de Salceda aposta polo rural

Dende o PSdG de Salceda afirma que "unha das grandes prioridades dos socialistas de Salceda de Caselas ten é equiparar a calidade de vida das zonas rurais ás do centro da vila, poñendo a súa disposición os servizos necesarios para elo. Consideramos que vivir no rural é un privilexio, pero sen os servizos necesarios está a converterse nunha desvantaxe".

 

"Levar o saneamento ás parroquias de Entenza e Soutelo vai ser unha prioridade para o futuro goberno socialista. Foi xa a concelleira Marina Cabaleiro coa súa xestión a que conseguiu a maior parte do saneamento que a día de hoxe existe nas parroquias. Os Socialistas consideran prioritario solicitarlle a Augas de Galicia a realización destas obras e se fose necesario usar o plan concellos da Deputación, para finalizar os tramos secundarios. Ademais consideramos de xustiza subvencionar os baleirados das fosas das vivendas ás que aínda non chegou o saneamento, non é de recibo que os veciños que non teñen este servizo de saneamento veñan pagando máis ca os que o teñen" explican.

 

"As medidas de prevención de incendios, reforestación, defensa e protección do medio ambiente serán consensuadas a través dun CONSELLO RURAL, onde estarán representadas as Comunidades de Montes Veciñais de cada parroquia. O traballo colectivo das diferentes entidades veciñais das parroquias e o goberno municipal son esenciais para un crecemento óptimo de todas as zonas do concello. Poremos en marcha xestionado a través deste consello un Plan de Mellora Rural onde se incluirá un plan anual de mellora de camiños, tendo persoal permanente nas parroquias para o mantemento. Así como a colaboración coas traídas de auga"s que a candidata á alcaldía Verónica Tourón considera “fundamental”.

 

O PSdeG-PSOE de Salceda quere "impulsar tamén o transporte público no rural, favorecendo unha interconexión das parroquias co centro e cos concellos limítrofes, así coma unha lanzadeira que incremente a frecuencia de autobuses con Salceda".

 

"A mellora das comunicacións internas é necesaria para o desenvolvemento das zonas rurais do concello, ancheamento de diversas estradas rurais e reorganización dalgunhas zonas son importantes tamén para nós. A sinalización dos barrios é fundamental para que sexa máis doado chegar a todas as zonas de Salceda" aseguran.

 

Verónica Tourón, candidata á alcaldía, explcia que  “o plan de investimentos que impulsaremos no concello terá un reparto equitativo das inversións entre o centro e as parroquias”

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.