A Xunta apela á implicación dos GDR para loitar contra a violencia de xénero
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Peréz Dubois, presentáronlles hoxe as medidas que se porán en marcha no medio rural para erradicar esta lacra
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, reuníronse hoxe cos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) para presentarlles as medidas que se executarán ao abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero no medio rural e para pedirlles a súa implicación nesta loita.
A Administración autonómica ten xa habilitado un amplo abano de recursos e servizos xerais para as vítimas. Para complementalo, e ao abeiro do Pacto de Estado, a partir deste ano decidiuse realizar un esforzo engadido naqueles ámbitos nos que os expertos coinciden en que é preciso implantar novas medidas específicas, como é o caso do medio rural.
Os GDR colaborarán en campañas de información e sensibilización
Con este fin, o pasado mes de abril a Vicepresidencia da Xunta e a Consellería do Medio Rural asinaron un convenio de colaboración, dotado con algo máis de 780.000 euros, para impulsar actuacións de cara a prevención e loita contra a violencia de xénero e para impulsar a igualdade real entre homes e mulleres neste ámbito.
Entre as actuacións previstas inclúese a execución de campañas sobre detección e prevención da violencia contra a muller no ámbito rural e accións de información sensibilización e formación sobre esta cuestión a través dos 24 Grupos de Desenvolvemento Rural.
Tamén se inclúen outras medidas, como a posta en marcha dun programa de contratación de mulleres que sufriran violencia de xénero en empresas e/ou entidades forestais e agrogandeiras.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58