PROVINCIA
As Illas Cíes e Ons terán enerxía 100% renovable e sostible en 2030
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, participaron hoxe na presentación do proxecto ‘Tutatis’
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, participaron onte na presentación do proxecto Tutatis nZE – near Zero Emission que pretende lograr a autosuficiencia enerxética nas Illas Cíes e Ons mediante a xeración de enerxía 100% renovable, co fin de que ambas illas avancen cara as cero emisións.
O proxecto, impulsado polo Porto de Vigo, pretende crear un sistema sostible de aproveitamento dos recursos naturais, integrado na contorna e capaz de cubrir a demanda de enerxía e de auga de Cíes e de Ons. Un bo exemplo do obxectivo que se persegue é o caso da Illa grega de Tilos, que desde o mes de xaneiro xa se alimenta ao 100% de enerxías renovables, é dicir, o aire e o solo ofrecen subministro constante mediante un aeroxenerador e un parque fotovoltaico, aos habitantes da illa e aos turistas que se achegan nos meses de verán.
Seguirase o exemplo da illa grega de Tilos, que desde xaneiro xa se alimenta con enerxías renovables
Trátase dunha importante iniciativa para a redución da pegada de carbono e para acadar unhas illas sostibles e colaboradoras coa loita contra o cambio climático, e acorde coa Axenda 2030 de Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU.
O apoio da Administración autonómica a esta iniciativa inscríbese no firme compromiso da Xunta coa defensa do medio ambiente e, máis en concreto, da conservación da riqueza medioambiental do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218