Miércoles, 22 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 22 de Abril de 2026 a las 09:45:57 horas

Xornal21.es
Miércoles, 22 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Humanización e impulso dos polígonos industriais, apostas de Eva García de la Torre

O secretario xeral dos socialistas da provincia de Pontevedra e delegado da Zona Franca de Vigo amosoulle o seu apoio para levar adiante proxectos conxuntos que redunden no impulso económico do municipio

O secretario xeral dos socialistas da provincia de Pontevedra mantivo este luns un encontro coa candidata á alcaldía de Porriño, Eva García de la Torre, no que se amosou convencido de que o amplo respaldo co que conta a candidata socialista permitiralle volver a ser a alcaldesa do municipio o vindeiro 26M.


Pola súa banda, a alcaldable socialista asegurou que as e os socialistas de Porriño "somos o partido do futuro. Xuntos imos darlle unha volta a Porriño", afirmou, tomando como referencia outras cidades gobernadas polos socialistas "que vimos como cambiaron positivamente". García de la Torre agradeceu o apoio do partido e a presenza de Regades, que simboliza o apoio da Zona Franca, e anunciou que contan tamén coa vontade de ADIF de estudiar un proxecto que permita eliminar el paso a nivel integrándoo no ámbito da zona urbana, unha vella demanda da vila "que queremos que sexa unha realidade" e para a que ADIF móstrase receptiva
"Imos apostar pola humanización da vila e polo impulso dos polígonos industriais, que son o futuro de Porriño, polo que imos apoiar ás empresas e a apostar por formación para os traballadores que se axeiten ás necesidades reais.


O secretario xeral do PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra, pola súa banda, destacou  "o cambio que viviu Porriño nestes catro anos, que permitiu que o concello mellorara en industria, en emprego e igualdade, e temos que consolidalo para outros catro anos máis", afirmou destacando a boa sintonía que Eva García de la Torre mantén tanto coas administracións do Estado coma co resto da área metropolitana, o que vai permitir que se poña en marcha solucións de mobilidade e conectividade para Porriño, solucionando co ADIF o problema da  conexión ferroviaria, e a través da estrada, unindo Vigo e Porriño cunha nova infraestrutura que achegue estas vilas tan íntima e economicamente ligadas, sen esquecer os avances na Cidade do Transporte que ofrecerán grandes oportunidades de crecemento a Porriño.


O secretario xeral tamén aproveitou para anunciar que se están a captar fondos europeos para a posta en marcha de novos proxectos empresariais vencellados coa Zona Franca e que tamén se farán investimentos para a mellora dos polígonos industriais ao tempo que se estudia a posibilidade de ampliar o chan industrial e terciario o que lle permitirá ao goberno progresista do Porriño, da man e Eva e co apoio da Deputación, seguir acelerando o seu avance e conseguir que se goberne "escoitando á xente e traballando para a veciñanza".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.