Miércoles, 22 de Abril de 2026

Actualizada Martes, 21 de Abril de 2026 a las 23:16:17 horas

Redacción / Xornal21.es
Martes, 21 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Porriño volve a reivindicarse como capital galega do pan

Porriño volve a reivindicarse como “a capital galega do pan” co gallo da IV Feira do Pan do Porriño que terá lugar os vindeiros días 1 e 2 de xuño. O certame presentouse hoxe no Concello coa presencia de Eva García, alcaldesa da cidade; Juana Pérez, presidenta da asociación empresarial “Acipor” e os representantes do sector panadeiro local, encabezados por José Manuel Fernández.


Segundo as explicacións de Juana Pérez haberá 16 stands que acollerán ás oito panaderías de Porriño así como a diversas marcas e produtos convidados. Abrirán o sábado 1 de xuño ás 10 horas aínda que o pregón inaugural será a mediodía a cargo de Carlos Alvarez. Ese mesmo día, a Feira albergará un “show cooking” mediante maridaxes de pan de Porriño con diferentes produtos en diversas posibilidades culinarias a cargo do centro EFA A Cancela de As Neves”, segundo comentou a presidenta de Acipor.


Habilitarase tanto o sábado como o domingo unha carpa na Feira para que o público que o desexe poida xantar alí.


De novo a Feira do Pan do Porriño celebrará un certame alcumado “Empanadas no Ring” que tivera moita sona cando incorporouse o ano pasado.


O domingo 2, Acipor e os panadeiros porriñeses propoñen que todos os veciños e veciñas dispostas acudan a un almorzo “Brunch” con Pan do Porriño (prezos: 5 € adultos; 3 €, infantil). Tamén na última quenda da Feira terá lugar a “Cata de pans convidados” na que se medirán pans de Porriño, Cea, da Moa, Fisterra e o portugués Broa de Avintes.


José Manuel Fernández, no nome dos panadeiros locais destacou a importancia da Feira para eles e lembrou que “segue en tramitación e gardemos que non demore moito máis o rexistro da marca ‘Pan de Porriño’ que estamos a xestionar ante a Xunta de Galicia”, manifestou.


Rematou a presentación a alcaldesa Eva García que alabou a importancia deste certame para reivindicar “unha das nosas señas de identidade que ven dende o século XVII, razón pola que desde hai catro anos este goberno municipal que presido colabora en impulsar esta Feira do Pan como forma de rescatar esa marca”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.