GALICIA
Xunta e Boeing desenvolverá un proxecto sobre seguridade aéreano polo aeroespacial de Galicia
O obxectivo será resolver cuestións de seguridade que se consideran clave, como: a perda dos enlaces de comunicación, a incapacidade de detectar colisións, a perda de sinal ou de impulso do motor, ou a perda de control por interferencias
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, asistiu hoxe á presentación do proxecto sobre seguridade aérea Galician Skyway-Civil UAVs Initiative, que a multinacional Boeing desenvolverá no polo aeroespacial de Galicia, en Rozas.
Durante o acto, Feijóo agradeceu a Boeing Europa a súa confianza na comunidade e “no ecosistema de innovación que estamos construíndo”, así como o traballo de todo o consorcio de empresas e institucións que van colaborar na súa execución. Un consorcio composto por: ENAIRE, dependente do Ministerio de Fomento; INTA, dependente do Ministerio de Defensa; o centro tecnolóxico galego GRADIANT; a multinacional tecnolóxica galega TELEVÉS; CENTUM, unha startup tecnolóxica galega especializada en telecomunicacións; SOTICOL, unha empresa de base tecnolóxica que xurde na Universidade de Alcalá; e a Xunta.
“Traballaremos no desenvolvemento dun proxecto pioneiro no ámbito da industria aeroespacial como é o da seguridade cando falamos de integrar nun mesmo espazo aéreo as aeronaves tripuladas e non tripuladas”, dixo, incidindo en que esta iniciativa, ao igual que o polo da industria aeroespacial que neste momento desenvolve a súa actividade en Rozas, é produto da colaboración público-privada.
Máis polo miúdo, Feijóo sinalou que o obxectivo deste proxecto será o de resolver as cuestións que as axencias de seguridade consideran clave, como pode ser: a perda dos enlaces de comunicación, a incapacidade de detectar colisións, a perda de sinal ou de impulso do motor, ou a perda de control por interferencias. “É dicir, ofreceranse solucións transversais e universais, en tanto que serán necesarias en calquera aeronave non tripulada ou en calquera sistema para a súa xestión no futuro”, aseverou, precisando que, como resultado desta iniciativa, Boeing deixará instalado en Rozas un simulador de probas e continxencias, o que suporá unha importante contribución ao equipamento do Centro de Investigación Aerotransportada situado nas instalacións do aeródromo lucense.
Como resultado desta iniciativa, Boeing deixará instalado en Rozas un simulador de probas e continxencias, o que suporá unha importante contribución ao equipamento do Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas
O responsable do Goberno galego resaltou a aposta que Boeing está a facer por desenvolver a súa I+D estratéxica en Galicia e fixo fincapé na importancia de que a Comunidade siga apostando polo emprendemento e o desenvolvemento industrial, así como pola formación.
Sobre este último punto, destacou o traballo e a implicación do CIFP As Mercedes de Lugo, onde se imparte o Ciclo Superior de Mantemento Aeronáutico; ou da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo da Universidade de Vigo, situada no campus de Ourense e na que se imparte o Grao de Enxeñaría Aeroespacial. E referiuse, tamén, ao novo máster en Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados que se desenvolve na Cidade olívica e en Santiago.
Ao longo da súa intervención, Feijóo animou a seguir comprometidos coa cooperación público-privada como fórmula para que o sector aeroespacial en Galicia estea en continuo avance e dando pasos en firme coas miras postas no mercado internacional.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58