VIGO
A Xunta convoca o 5 de xuño aos titulares dos terreos na estrada PO-552, en Vigo
As obras foron adxudicadas por case 810.000 euros e a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ten previsto o seu inicia na primeira quincena de xuño
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica esta semana no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra a convocatoria o día 5 de xuño dos titulares dos terreos necesarios para executar as obras de eliminación dos tramos de concentración de accidentes na estrada PO-552, en Vigo, para o pagamento dos depósitos previos.
Os propietarios das fincas deberán acudir o citado día ao Concello de Vigo e presentarse no 2º andar (Concellería de Fomento), de 10:00 ás 12:00 horas.
As obras, que foron adxudicadas á empresa Hordescon S.L, por un importe de case 810.000 euros, teñen previsto o seu inicio na primeira quincena de xuño.
Esta intervención ten por obxecto mellorar a seguridade viaria nun treito de 4,5 km da estrada autonómica PO-552, entre a intersección coas estradas de Matamá e Muíños e á entrada de San Miguel de Oia, no municipio olívico.
Os traballos comprenden a transformación da intersección coas estradas a Matamá e Muíños, situada no punto quilométrico 1+100 da marxe dereita, executando unha glorieta. Tamén se converterá noutra rotonda a intersección co camiño de Romeu, situada no punto quilométrico 1+780,que comunica coa PO-325.
Os traballos inclúen a transformación de varias interseccións en glorietas, a mellora de beirarrúas, pasos de peóns e paradas de bus
As tarefas inclúen a reordenación da intersección de baixada á Gándara, no punto quilométrico 2+100, na que se restrinxirán os xiros, que poderán realizarse na nova glorieta do punto quilométrico 1+770 e na existente no 2+300.
Tamén se executará unha nova glorieta no punto quilométrico 3+060, que permitirá restrinxir o de entrada á rúa Manuel Lago, e outra no punto quilométrico 5+100 para moderar a velocidade e facilitar os cambios de sentido en condicións de seguridade.
Intervirase en pequenos tramos de beirarrúas, complementarios á mellora das interseccións, reforzarase a sinalización dos pasos de peóns do tramo, e limitarase o aparcadoiro nos 10 m anteriores para facilitar a súa percepción, e melloraranse as paradas de autobús.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58