Lunes, 13 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 11 de Abril de 2026 a las 19:42:54 horas

Xornal21.es
Martes, 21 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
TUI

Arquivan as denuncias contra o alcalde pola xestión de residuos da apertura da rúa Ourense

O alcalde, Carlos Vázquez Padín,  compareceu esta mañá en rolda de prensa para dar conta do arquivo por parte da fiscalía de dúas denuncias interpostas polo concelleiro da oposición, Laureano Alonso.


O alcalde de Tui, compareceu en calidade de investigado ante a fiscalía o pasado 16 de maio logo de ser aceptada a solicitude de facelo antes de data prevista (23 de maio).  


A primeira denuncia presentada refírese á xestión de residuos da apertura da rúa Ourense, na que se solicitaba a investigación da retirada por parte da empresa adxudicataria da pedra dos inmobles expropiados para a apertura da rúa Ourense. Sobre esta denuncia a fiscalía dita un decreto de arquivo xa que non percibe ningunha actuación constitutiva de delito.  Apuntaba Carlos Vázquez Padín,  que se axustaron o proxecto do goberno anterior, agora na oposición, polo que “de haber algún erro nese procedemento de licitación,  sería derivado do proxecto que o goberno do propio denunciante visou no ano 2016”.


Por outra banda daba conta tamén do arquivo da denuncia pola contratación dun asesor externo de urbanismo. O informe da fiscalía di que é coñecedora do colapso na resolución de expedientes na área de urbanismo do Concello de Tui e que a contratación do asesor cumpre os requisitos esixidos na Lei de Contratos de Sector Público no que ademáis se inclúe un compromiso de confidencialidade.


Manifestaba na rolda de prensa desta mañá o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, con respecto a intención desas denuncias que “non se pode manchar o nome dunha persoa con esa facilidade e lixeireza”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.