GALICIA
Preto de 4.000 persoas presentaranse ás probas para obter os certificados de profesionalidade
Trátase dos exames de avaliación en competencias clave que organiza a Consellería de Economía, Emprego e Industria co obxectivo de incrementar as posibilidades dos desempregados de obter un posto de traballo
Preto de 4.000 persoas presentaranse o vindeiro sábado, 25 de maio, no Recinto Feiral de Silleda ás probas de avaliación en competencias clave que organiza a Consellería de Economía, Emprego e Industria para facilitar aos traballadores e traballadoras galegas, que non posúan os requisitos académicos da ESO ou do Bacharelato, o acceso á formación para obter os certificados de profesionalidade, e, polo tanto, para incrementar as posibilidades de acceder a un posto de traballo.
Convócase a 13ª edición destas probas coas que se poden acadar os requisitos mínimos que aseguran que os alumnos e alumnas posúen os coñecementos necesarios para realizar a formación correspondente aos novos certificados de profesionalidade con validez en todo o territorio nacional.
Convócase a 13ª edición destas probas dirixidas ás persoas que non teñen ESO ou Bacharelato, requisitos mínimos esixidos para acceder á Formación Profesional
Galicia é, desde 2009, pioneira na realización destes exames que se centran nas materias de lingua galega, castelá, inglés e matemáticas. En total, entre os case 4.000 participantes desenvolverán máis de 15.000 probas nestas materias. A que acumula un maior número é matemáticas, seguida de lingua castelá, lingua galega, e inglés.
Toda a información pode consultarse no enderezo http://ceei.xunta.gal/recursos/temas-de-interese/c/Formacion-ocupacional-e-continua?content=topic_0145.html, onde, ademais das listaxes de admitidos e excluídos, tamén se indica a porta do pavillón que corresponde a cada persoa, tanto para as quendas de mañá como de tarde. As persoas admitidas para as probas da mañá de nivel 2 deberán acudir ao pavillón número 2 ás 09,00 horas, mentres que os que se presenten ao nivel 3 deberán achegarse ás 15,30 horas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58