Jueves, 05 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 23 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Arévalo espera que esta semana se produzan detencións no caso dos recibos falsos da auga

A alcaldesa lamenta que se recurra á suplantación dunha administración pública con fins partidistas

Onte a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, compareceu no Concello en rolda de prensa acompañada polo Xerente do Consorcio de Augas do Louro, Rufino Rodríguez, e polos membros do seu equipo de goberno para informar sobre os recibos falsos por subministro de auga dirixidos aos usuarios de traídas privadas.


O pasado domingo tívose coñecemento da existencia na oficina de Correos de Mos dos devanditos recibos, que referían o cobro de importes de entre 200 e 400 euros. Dende o Concello interpúxose esa mesma tarde a pertinente denuncia perante a Garda Civil, que retivo as cartas na oficina bloqueando o seu envío. Sen embargo as misivas comezaron onte a chegar igualmente aos domicilios de particulares mosenses.


Neste sentido a rexedora local mosense informou de que “a empresa emisora do recibo, Aquamos, é un fraude, non existe; e o recibo emitido é falso e non corresponde a ningún cobro oficial do Concello. Suplántase a identidade da administración local mosense, da Xunta de Galicia e do Consorcio de Augas do Louro cometendo un suposto delito de extrema gravidade co único obxectivo de crear alarma social no que é unha auténtica campaña de acoso e derribo contra a miña persoa. É lamentable que se faga este tipo de campaña con fins partidistas para conseguir votos mediante a suplantación dunha administración pública”.


Campaña de acoso e derribo inaudita en Mos en toda a historia da democracia, que ten comezado xa fai meses e na que agora se deu un paso máis co envío destas ‘cartas bomba’ coas que se pretende facer crer aos beneficiarios das comunidades de usuarios de auga privadas que o Concello e a súa alcaldesa queren perxudicalos cobrándolles un recibo de, nalgúns casos, preto de 400 euros.


Arévalo espera que esta semana se produzan detencións e pídelle aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado que investiguen este suceso ata as últimas consecuencias e que se faga pública a indentidade dos responsables antes das eleccións municipais do vindeiro domingo 26 de maio.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.