SALCEDA DE CASELAS
O BNG en Salceda de Caselas propón apostar pola mudanza ao fronte do Concello
Garantir servizos básicos á cidadanía, saneamento e PXOM liñas prioritarias a atender
O BNG en Salceda de Caselas diríxese "a unha cidadanía plural e diversa; que reside no conxunto do territorio municipal (nas parroquias e na vila) e aposta por unha mudanza o día 26 ao fronte do Concello".
O BNG explica que a súa proposta pasa por "unha administración municipal para as persoas, unha xestión eficaz no Concello; que dea resposta ás demandas dunha cidadanía esixente; veciñas e veciños ás que consultar e escoitar nas súas opinións". Tamén apostan por "unha xestión comprometida co ben común; cos servizos municipais públicos, atendidos por un persoal motivado e cualificado; cun medio rural vivo e activo. Ademáis "de "lograr a integración das e dos salcedenses novos, a súa identidade co territorio; e promover que Salceda sexa un concello emprendedor, no que procurar oportunidades de traballo e asentamento de poboación
Salientan dende o BNG que" o se compromete coa Salceda de hoxe; cunha cidadanía formada e informada; que sinta orgullo de vivir nunha localidade a vangarda nas transformacións sociais".
Nas súa propostas programáticas o BNG detallan: "a mellorar os servizos sociais; as instalacións escolares e lograr completar todos os ciclos do ensino público, coa implantación do bacharelato na localidade; A redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM); A prioridade de prazo con data terminal para o saneamento de todo o municipio; Abrir rúas no núcleo urbano e trazar unha circunvalación provisional, que de solución ao tránsito de vehículos polo centro, mentres non se dispoña do PXOM; Lograr un concello emprendedor que facilite creación de postos de traballo na localidade e o asentamento da poboación e por en valor o patrimonio cultural e ambiental, creando puntos de interese e atracción de visitantes e turistas".
Tras realizar actos públicos en tódalas parroquias e barrios de Salceda de Caselas, o BNG pecha a campaña electoral, o venres 24 de maio, na parroquia de Parderrubias; a de maior número de persoas censadas, despois da Vila; parroquia de onde é natural o candidato do BNG á Alcaldía de Salceda de Caselas.
Salienta a organización nacionalista que "con ideas claras do que hai que facer no Concello e un proxecto político coherente e achegado á realidade das necesidades da cidadanía, Salceda de Caselas ten no BNG a garantía de benestar, no presente e no futuro".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.108