Viernes, 13 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 23 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Sorteadas as prazas do programa Depo Aventura A Lanzada 2019

Poderán consultarse na web provincial e cada familia recibirá un SMS coas indicacións para realizar o pagamento do que están exentas aquelas en situación ou risco de exclusión social

A Deputación de Pontevedra efectuou esta mañá, no Pazo Provincial, o sorteo informático das prazas para o programa “Depo Aventura A Lanzada” deste ano, que se vai desenvolver en 11 quendas distintas entre o 23 de xuño e o 7 de setembro, no Centro de Vacacións da Lanzada. Esta iniciativa permite que nenas e nenos da provincia pasen o seu tempo libre en campamentos de verán con actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo.

 

Para “Depo Aventura A Lanzada 2019” presentáronse un total de 3.713 solicitudes, das que 142 quedaron excluídas do sorteo por non subsanar defectos en tempo. O sorteo informático estableceu as nenas e nenos para cada unha das quendas, en total, 2.200 prazas que se organizan en 11 quendas entre os meses de xuño e setembro. A primeira comezará o 23 de xuño e rematará o 29 e as seguintes serán do 30 de xuño ao 6 de xullo, do 7 ao 13 de xullo, do 14 ao 20 de xullo, do 21 ao 27 de xullo, do 28 de xullo ao 3 de agosto, do 4 ao 10 de agosto, do 11 ao 17 de agosto, do 18 ao 24 de agosto, do 25 ao 31 de agosto e a última quenda será do 1 ao 7 de setembro.

 

 

 

 

Participarán un total de 2.200 nenas e nenos en 11 quendas distintas, dende o 23 de xuño ata o 7 de setembro

 

 

 

 

O resultado do sorteo está dispoñible dende hoxe na web da Deputación, www.depo.gal , cun buscador dispoñible, no que as familias -a través do NIF do pai/nai/titora ou titor legal e data de nacemento da crianza- poden consultar se a nena ou neno ten praza e en que quenda ou se non ten praza e en que posición das listas de agarda se atopa. Ademais, as familias beneficiarias de praza recibirán un SMS cunha clave e identificador para acceder aos seus datos no listado e poder realizar o pagamento, ben descargando o recibo ou ben mediante pago telemático.

 

En total, en “Depo Aventura A Lanzada 2019” participarán 2.200 nenos e nenas da provincia de entre 8 e 13 anos. Un total de 315 prazas son  gratuítas para rapazas e rapaces de familias que se atopan en situación ou risco de exclusión social, unha medida que se leva realizando nestes últimos anos.  Durante unha semana, as crianzas terán á súa disposición un amplo programa de actividades sociais, culturais, deportivas, formativas e de convivencia. Terán ademais toda unha semana de actividades de tempo libre, náuticas e de lingua inglesa. O obxectivo é que este programa contribúa ao enriquecemento persoal da rapazada, ademais de facilitarlles coñecer outros lugares e experiencias fóra do seu entorno habitual.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.