O PORRIÑO
Alejandro Lorenzo aposta por garantir unha atención de calidade aos nosos maiores
O candidato á alcaldía anunciou as súas propostas en materia de benestar social entre as que destacan a construción dun novo Centro de Día, axudas a domicilio, programas de teleasistencia dirixidos á terceira idade e a construción dunha Escola Infantil no polígono industrial
O candidato á Alcaldía, Alejandro Lorenzo, aposta por construir un novo Centro de Día, ampliar as axudas a domicilio e impulsar programas de teleasistencia dirixidos á terceira idade. Así o anunciaba esta semana, acompañado pola conselleira de Política Social, Fabiola García, durante a visita que esta realizou ao Porriño para coñecer de primeira man o plan global do candidato popular en materia de benestar social.
O seu programa electoral en materia de política social implícase de especial maneira coa terceira idade e as persoas dependentes sendo estas as protagonistas das súas iniciativas máis destacadas.
"Como veño defendendo sempre eu creo que O Porriño debe estar á altura das persoas que viven ne e para iso o centro de todas as políticas que se impulsen dende o Concello deben ser elas", suliñou Lorenzo, "Ese será o eixo central da miña xestión, do meu plan global para levar O Porriño a mellor: garantir o benestar da veciñanza e atender con especial compromiso ás persoas que o precisen, dirixindo todos os meus esforzos a axudar a aqueles que se atopen nunha situación de vulnerabilidade".
"Os nosos maiores merecen o noso coidado", apuntou o candidato, "que estemos á altura de todo o que eles fixeron por nós garantíndolles unha atención de calidade".
A conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou O Porriño para coñecer de primeira man o plan de acción en materia de Benestar Social de Lorenzo e comprometeu o apoio da Xunta de Galicia ás súas propostas
A conselleira, aplaudiu a iniciativa de Alejandro Lorenzo e comprometeu o respaldo do executivo galego. "Os veciños do Porriño que vaian ao Centro de Día que impulsará Alejandro Lorenzo cando sexa alcalde poderán contar cunha axuda da Xunta", apuntou.
No tocante ás axudas no fogar respaldou a iniciativa do candidato indicando que "a teleasistencia é un servizo moi valorado polos nosos maiores e que dá unha gran tranquilidade aos seus familiares. É unha gran noticia que Alejandro vaia impulsalo no Porriño".
Nova Escola Infantil no Polígono Industrial
Outra das propostas que lideran a proposta de Lorenzo en materia de benestar é a construción dunha Escola Infantil (para nenos e nenas de 0 a 3 anos) no Polígono Industrial. Unha xustificada demanda da poboación porriñesa que, pese ter obtido a financiación e respaldo da Xunta de Galicia, ainda non puido materializarse ao non cumprir o Concello do Porriño coa súa parte.
"Este servizo é vital para garantir a conciliación familiar de moitos e moitas porriñeses que cada día acuden ao seu posto de traballo nos nosos polígonos industriais", incidiu Lorenzo, "O proxecto do empresariado está en marcha e conta coa financiación da Xunta de Galicia. Xa se viron na obriga de renunciar á subvención para a súa construción na pasada convocatoria ao non formalizar o Concello do Porriño a cesión dos terreos. A axuda está concedida novamente e polo de agora seguimos nas mesmas, a expensas de que o Concello cumpra coa súa parte, ceda os terreos e faga posible a súa construción".
No mesmo sentido se manifestou a conselleira. "Esperamos que na próxima lexislatura o Concello do Porriño facilite a posta en marcha dunha escola infantil no polígono industrial, e que non se poñan máis paus nas rodas a un proxecto importantísimo para os veciños", concluíu Fabiola García.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8