Martes, 23 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 23 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Nigrán súmase á campaña 'Quere o teu mercado' con actividades infantís na Praza da Ramallosa

Terá lugar o sábado de 10:30 a 13:30, con obradoiros creativos e un contacontos participativo ás 12:30 horas

O Concello de Nigrán súmase por terceira vez consecutiva á campaña 'Quere o teu mercado' con diversas actividades infantís este sábado na Praza de Abastos de A Ramallosa dende as 10:30 ás 13:30 horas. Así, o dúo 'Voltereta e Volvoreta' realizará diversos obradoiros e as 12:30 protagonizará un contacontos participativo. Haberá agasallos, música, globos...  Por último, todos aqueles que suban ás redes socias fotos da celebración no mercado co hashtag @quereoteumercado #quereoteumercado serán agasallados cun mandil e unha mochila térmica. O obxectivo desta campaña á que se  suma o Concello de Nigrán é dinamizar o mercado municipal de A Ramallosa e a súa contorna.

 

    “Quere o teu mercado” é o lema en galego da Campaña Internacional dos Mercados, unha inciativa que a Dirección Xeral de Consumo promove en Galicia en colaboración cos Concellos, as Prazas de Abastos e as Federacións e Asociacións de comerciantes. 'Quere o teu mercado' ('Love Your Local Market'), con orixe no Reino Unido, está promovido a nivel internacional pola World Union of Wholesale Markets, e este ano conta coa participación de mercados de España, Reino Unido, Francia, Alemaña, Holanda, Polonia, Italia, Irlanda, Bélxica, Grecia, Dinamarca, Suecia, Hungría, Serbia, Hong Kong e Estados Unidos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.