Sábado, 11 de Abril de 2026

Actualizada Viernes, 10 de Abril de 2026 a las 20:07:06 horas

Xornal21.es
Lunes, 27 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

Ponteareas recupera o cámping da Freixa para autocaravanas

O investimento supera os 70.000 euros

Tras 50 anos en mans dun particular, o goberno municipal logrou recuperar nos últimos meses o cámping da Freixa, un espazo de máis de 14.000 m2 situado nas proximidades da praia fluvial no río Tea.

 

A recuperación prodúcese logo dos traballos de investigación emprendidos polo actual goberno sobre a titularidade pública do cámping e no que se constatou que ese espazo figuraba como propiedade do Concello no inventario de terreos municipais do ano 1958 e no Rexistro da Propiedade.

 

Tras aclararse a titularidade, o goberno local puxo en marcha traballos de limpeza e adecentamento do solar que se atopaba completamente abandonado. Recentemente a Deputación Provincial concedeu ao Concello unha subvención de máis de 73.000 euros para o proxecto de conservación e mantemento do cámping, que inclúe a creación dunha zona destinada a autocaravanas para dar resposta á alta demanda deste servizo na zona.

 

O inicio das obras atópanse unicamente pendentes da autorización da Confederación Hidrográfica.

 

Por outra banda, unha parte dos terreos estanse xa utilizando na actualidade no obradoiro de xardinería, un obradoiro de formación e emprego co que se produce planta para os xardíns municipais e no que participan 10 persoas desempregadas durante 9 meses, percibindo o salario mínimo. O obxectivo é crear un viveiro estábel no propio cámping da Freixa cultivando especies que se empregarán nos xardíns municipais.

 

O Alcalde Xosé Represas destacou que “estamos traballando para recuperar instalacións que quedaron abandonadas durante décadas e que incluso se daban por perdidas a favor de particulares como acontecía co cámping da Freixa”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.