Miércoles, 22 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 22 de Abril de 2026 a las 19:39:49 horas

Xornal21.es
Martes, 28 de Mayo de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Concello subvenciona unha campaña de esterilización de gatos

Directivas da asociación "Lena Protectora de Animais" estiveron  no Concello de Porriño para comentar os preparativos da campaña de esterilización de gatos que emprenderán a partir da vindeira semana no centro urbano da cidade.

 

Segundo as estimacións da protectora hai no Porriño trece colonias que acumulan 165 gatos que viven nas rúas cos riscos conseguintes.

 

A protectora trasladou hai tempo este problema ó Concello e prantexou que a administración municipal subvencionase unha campaña de esterilización para deter o aumento de gatos nas rúas. Voluntarios da Protectora, coa colaboración dunha clínica veterinaria local,levarán a cabo a campaña que segue o método "CES" (coller, esterilizar e soltar) conforme as recomendacións da Organización Mundial da Saúde (OMS).

 

A duración da campaña será de doce meses e o importe que subvencionará o Concello de 3.000 euros.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.217.8

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.